O BNG presentou unha campaña social nas Mariñas co obxectivo de conseguir que o Goberno español active as rebaixas da AP9

Imaxe da presentación da campaña
Presentación da campaña na peaxe de Betanzos

Tendo en conta o contexto de pandemia, o BNG anunciou o comezo dunha “campaña informativa” consistente na pegada de cartaces e faixas, así como a distribución de folletos e a difusión de información a través das Redes Sociais. Ademais o BNG anunciou que trasladará o tema aos Plenos dos concellos polos que atravesa a AP-9, nas Mariñas Abegondo, Betanzos, Bergondo, Paderne e Miño, e que están directamente afectados por esta situación

“Sería un grande beneficio para Betanzos e para a nosa comarca xa que permitiría que o tráfico pesado cruce a ría pola ponte da autoestrada en lugar de polo centro de Betanzos, co perigo que supón na Angustia, a Ribeira e a Ponte Vella”

O BNG presentou unha campaña social nas Mariñas co obxectivo de conseguir que o Goberno español active as rebaixas da AP9

Betanzos, 17 de febreiro de 2021. O BNG presentou unha campaña social na comarca das Mariñas co obxectivo de conseguir que o Goberno español active as rebaixas da AP9 comprometidas no acordo de investidura asinado entre BNG e PSOE. Na presentación participaron a deputada do BNG, Mercedes Queixas, a concelleira en Betanzos, Amelia Sánchez, o concelleiro en Bergondo, David Carro, e portavoces de Abegondo e Miño, así como a responsábel comarcal do BNG, Cristina López. 

Entre as medidas asinadas no acordo de investidura entre BNG e PSOE recollían a bonificación do cen por cen a todos os usuarios e usuarias recorrentes da AP9. “Aquelas que fagan, polo menos, dúas viaxes ao día todos os días da semana sexan particulares ou profesionais” explicou a Deputada Mercedes Queixas.

A partir dese acordo de investidura incorporáronse tres partidas específicas nos OXE para facer posíbel que estas medidas se levasen a cabo polo que “non hai razón de ningún tipo para que o goberno demore que entren en vigor. Deberían ter entrado o un de xaneiro e non é razoábel, que en vez de baixar as portaxes, o que se anunciara fora que a AP9 fose a autoestrada por cuarto ano consecutivo que máis subía de todo o Estado español”.

Tendo en conta o contexto de pandemia, o BNG anunciou o comezo dunha “campaña informativa” consistente na pegada de cartaces e faixas, así como a distribución de folletos e a difusión de información a través das Redes Sociais. Ademais o BNG anunciou que trasladará o tema aos Plenos dos concellos polos que atravesa a AP-9, nas Mariñas Abegondo, Betanzos, Bergondo, Paderne e Miño, e que están directamente afectados por esta situación. “Pediremos apoio ao Pleno dos concellos para que o PSOE entenda que non se está negando a unha demanda do BNG, se non a unha demanda do conxunto da sociedade galega”, engadiu Queixas. 

“Sería un grande beneficio para Betanzos e para a nosa comarca xa que permitiría que o tráfico pesado cruce a ría pola ponte da autoestrada en lugar de polo centro de Betanzos, co perigo que supón na Angustia, a Ribeira e a Ponte Vella”, explicou a responsábel comarcal do BNG. Cristina López. 

A nacionalista recordou ademais que nas súas emendas aos orzamentos do Estado pedían que se estudara unha saída da AP-9 en Abegondo e melloras para evitar as molestias ocasionadas polo ruído en Mariñán, no concello de Bergondo. “A Ap-9 atravesa o Concello de Abegondo, pasando ademais moi preto dos principais núcleos de poboación do mesmo. A pesar disto o Concello de Abegondo non conta con entrada nin saída directa da autoestrada. Hai unha certa demanda desta saída que podería beneficiar a comunicación do Concello”, indicou Cristina López quen lembrou tamén que o paso da AP-9 polo núcleo de Mariñán no Concello de Bergondo, provoca queixas veciñais polo ruído nun núcleo rural bastante poboado. A veciñanza reclama unha barreira sonora para evitar as molestias que supón e desde o BNG pedimos que se reservara unha partida nos orzamentos do Estado para estas melloras mais o PSOE e Podemos negáronse a apoialas”. 

O BNG presentou unha campaña social nas Mariñas co obxectivo de conseguir que o Goberno español active as rebaixas da AP9