O BNG trasladou ao Parlamento as petición da ANPA do CPI Cruz do Sar

Mercedes Queixas
Mercedes Queixas

Desde o BNG pediron á Xunta que dote, á maior brevidade, o CPI Cruz do Sar das prazas docentes eliminadas no presente curso escolar, en relación ao anterior, para dar resposta a unha educación inclusiva que garanta a equidade no acceso a unha educación pública de calidade

O BNG trasladou ao Parlamento as petición da ANPA do CPI Cruz do Sar

Bergondo, 27 de setembro de 2022.- . O BNG trasladou ao Parlamento as peticións da ANPA do CPI Cruz do Sar. “O CPI Cruz do Sar en Bergondo, onde están escolarizados máis de 350 alumnos e alumnas, comezou o presente curso2022-2023 con dous docentes menos que no curso 2021-2022, un mestre de Educación Primaria e un de Pedagoxía Terapéutica”, explicou a deputada do BNG, Mercedes Queixas. 

“Deste xeito, no actual curso contan cunha única especialista en Pedagoxía Terapéutica e ningunha de Audición e Linguaxe, ao non figurar esta no catálogo do centro e estar condicionada a unha presenza ocasional e discontinua, o que prexudica o coidado e seguimento deste alumnado”, engadiu a deputada do BNG. 

“Os informes do Departamento de Orientación deste centro educativo ratificaban que para o presente curso o acrecentamento de alumnado con necesidades significativas, polo que considerou imprescindible solicitar, ademais dunha mestra de AL, unha segunda mestra de PT.A resposta da Consellería desatendeu as demandas xustificadas do centro”, criticou Queixas. 

“Como consecuencia, todo o alumnado con necesidades educativas especiais vai recibir menos sesións de apoio e até 19 alumnos quedan sen ningunha atención, fallando, deste xeito, ao principio básico garantista dunha escolarización verdadeiramente inclusiva”, explicou a nacionalista. 

Por todo isto, desde o BNG pediron á Xunta que dote, á maior brevidade, o CPI Cruz do Sar das prazas docentes eliminadas no presente curso escolar, en relación ao anterior, para dar resposta a unha educación inclusiva que garanta a equidade no acceso a unha educación pública de calidade.

Apoio á manifestación convocada pola ANPA

O BNG anunciou o seu apoio á manifestación convocada pola ANPA para o vindeiro día 6 de outubro. “Chamamos á veciñanza a apoiar esta manifestación para garantir a calidade do ensino público no noso concello”, explicou o portavoz municipal do BNG, David Carro.  

O BNG trasladou ao Parlamento as petición da ANPA do CPI Cruz do Sar