O BNG pediu ao goberno local que interveña para por en valor a capela de Santo Amaro en Figueiroa
“Dado o estado no que se atopa actualmente Santo Amaro é urxente facer unha primeira actuación de consolidación da estrutura existente xa que ameaza con colapsar, de feito un dos muros laterais xa sufriu algún desprendemento”
Debate no Parlamento demandando fondos para rehabilitar o Pasatempo
Tras a sinatura do convenio entre Deputación e Concello de Betanzos, demandamos no Parlamento que a Xunta asuma os seus compromisos e habilite fondos no orzamento de 2021 para rehabiltiar o Parque do Pasatempo.
O BNG urxe a recuperar o Parque do Pasatempo e situalo de maneira destacada dentro do patrimonio cultural de Betanzos
O candidato do BNG, Xosé Luís Rivas mostra o seu compromiso para elaborar un estudo da actual situación do Parque betanceiro e iniciar a súa recuperación por fases. Avoga por trasladar a vía de tráfico que divide o parque en dúas partes e liberalo da pasarela de ferro que dana gravemente unha das principais grutas.
Pedimos ao goberno local información sobre a obra de amaño da varanda da Ponte do Pedrido
Pedimos información ao goberno local sobre que pensa facer diante do anuncio de subasta da Torre de Figueroa
Queremos saber que medidas de protección ten previstas o concello para preservar un Ben de Interese Cultural (BIC) como a Torre de Figueroa vinculada históricamente ás terras de Abegondo”
Solicitamos información sobre o anuncio do goberno local da posta en valor do castro de Cerneda
“Pensamos que a escavación e posta en valor do castro de Cerneda é unha noticia positiva pero parécenos imprescindíbel que en ditas actuacións estea previsto o proceso de conservación ao longo do tempo”
Acadamos un acordo unánime para rehabilitar o parque do Pasatempo de Betanzos e dotalo de protección BIC
Este lugar é memoria viva dunha etapa da historia deste noso País, oculta para as xeracións presentes e que forma parte do Patrimonio betanceiro e tamén de todas as galegas e galegos, “un patrimonio cultural común imprescindible”
Demandamos o mantemento dos muíños do río do Medio, en Miño
"É un exemplo máis do abandono do patrimonio do noso concello. Son un patrimonio singular e único polo que apostar para desestacionalizar o turismo e non depender a economía da vila de se ven un bo ou mal verán".
Pedimos no Parlamento información sobre o estado dunha mámoa no Monte do Gato
Trátase dunha zona de alto valor arqueolóxico e queremos saber que medidas vai tomar a Xunta de Galiza para garantir a súa conservación e posta en valor.