Demandamos no Pleno a conservación do patrimonio municipal

A portavoz do BNG, Estefanía Busto, nun Pleno
A portavoz do BNG, Estefanía Busto, nun Pleno

 Tras unha revisión do inventario  comprobamos que moitas construcións, especialmente fontes ou lavadoiros presentan un mal estado de conservación ou difícil acceso por causa da maleza

Demandamos no Pleno a conservación do patrimonio municipal

Oza dos Ríos, 28 de decembro de 2017. O BNG de Oza e Cesuras presentou unha moción demandando ao goberno local a conservación do patrimonio do concello. “No último pleno aprobouse o inventario de bens de titularidade municipal, no propio documento recóllese que a finalidade deste inventario é a protección de bens da entidade” explicou Estefanía Busto, portavoz do BNG, “tras unha revisión do inventario comprobamos que moitas construcións, especialmente fontes ou lavadoiros presentan un mal estado de conservación ou difícil acceso por causa da maleza” engadiu a voceira nacionalista.

“No nosa proposta demandamos do goberno local o a reparación e conservación dos bens afectados, así como a súa sinalización” explican as nacionalistas. “Desde o BNG entendemos que o patrimonio histórico e cultural é un ben común, que recolle a nosa historia e singularidade como pobo, e é obriga das institucións públicas conservalo e poñelo en valor” concluíu Busto.