O BNG de Coirós demanda que se habilite unha partida de axudas para suplir as que o goberno local non solicitou da Deputación da Coruña

“Ao concello de Coirós, en función do censo de persoas autónomas e microempresas, correspondíanlle 22.932,66 euros, que deberían ser completados con 5.733,16 euros de fondos municipais. Esto fai un total de 28.665,82 euros. Mais na resolución de 28/10/2020 non aparece o noso concello, sendo o único da comarca que quedou fora deste plan, simplemente, por non telo solicitado"

O BNG de Coirós demanda que se habilite unha partida de axudas para suplir as que o goberno local non solicitou da Deputación da Coruña

Coirós, 1 de decembro do 2020. A voceira do BNG en Coirós, Pura Ferreño, ven de rexistrar unha moción para que o goberno municipal habilite unha liña de axudas polo importe das publicadas pola Deputación da Coruña a finais de Outubro e que o concello de Coirós non solicitou.

Con data 18/08/2020 foi publicada no BOP unha convocatoria de axudas pensadas para financiar aos concellos da provincia con menos de 50.000 habitantes. Estas subvencións foron concibidas para o   financiamento de gastos correntes das persoas traballadoras por conta propia ou autónomas e das micro-empresas radicadas nos termos municipais  directamente afectadas pola crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 e a entrada en vigor do RD463/2020 de 14 de marzo polo que se decretou o estado de alarma e as posteriores prórrogas

A concelleira nacionalista explica que “nesta convocatoria podían beneficiarse os negocios que se viron na obriga de pechar e parar a súa actividade por causa do estado de alarma. Mais tamén podían facelo aqueles que tiveran un descenso do 75% na súa facturación ou que se viran na obriga de acollerse a un ERTE. Ademais da hostalería que tivo que fechar as súas portas, tamén poderían beneficiarse outros sectores que viran reducida a súa facturación de xeito significativo coma comercios ou taxis, por poñer algún exemplo”

“Ao concello de Coirós, en función do censo de persoas autónomas e microempresas, correspondíanlle 22.932,66 euros, que deberían ser completados con 5.733,16 euros de fondos municipais. Esto fai un total de 28.665,82 euros. Mais na resolución de 28/10/2020 non aparece o noso concello, sendo o único da comarca que quedou fora deste plan, simplemente, por non telo solicitado” detalla Pura Ferreño

“Esta actitude absolutamente neglixente por parte do goberno local debe ser reparada de inmediato. Así pois demandamos que se habilite unha liña de axudas por un importe equivalente ao previsto na convocatoria da Deputación da Coruña e na que se inclúan todas as persoas e negocios que nela se contemplaba” remata a voceira do BNG.

O BNG de Coirós demanda que se habilite unha partida de axudas para suplir as que o goberno local non solicitou da Deputación da Coruña