O BNG proporá no pleno a implantación dunha ruta de transporte municipal

A proposta do BNG pasa por crear unha ruta de bus circular, por todas as parroquias e o polígono, inicialmente 4 expedicións diarias polas mañas cunha frecuencia de 2 horas, de luns a venres, para facilitar os desprazamentos ao traballo, recados, ou aos centros de saúde, e a posible mellora en función da demanda

O BNG proporá no pleno a implantación dunha ruta de transporte municipal

Bergondo, 18 de novembro de 2023.- O BNG de Bergondo levara ao próximo pleno unha proposta para implantar un servizo de transporte municipal de autobús cun percorrido que abrangue todas as parroquias e o polígono industrial.

“É fundamental mellorar a mobilidade, sobre todo para as persoas que non teñen vehículo privado ou non poden conducir, xente maior ou mocidade, pero tamén polo medio ambiente e a redución da contaminación. Nos últimos tempos a mobilidade empeorou no noso concello, con redución de frecuencias de bus, falta de información, queixas continuas... De que vale que dean bonos para facelo máis económico ou gratuíto se despois non hai buses nin tren?”, expuxo o portavoz municipal David Carro.

A proposta do BNG pasa por crear unha ruta de bus circular, por todas as parroquias e o polígono, inicialmente 4 expedicións diarias polas mañas cunha frecuencia de 2 horas, de luns a venres, para facilitar os desprazamentos ao traballo, recados, ou aos centros de saúde, e a posible mellora en función da demanda. "Un estudo encargado para este fin cuantifícanos este servizo en 80.000 €/anuais, iso sen ter en conta a posibilidade de cobrar billete polo uso do servizo, se o pasado ano tivemos un millón de euros de remanente, non parece desatinado que se poida poñer en marcha", concluíu Carro.

O BNG proporá no pleno a implantación dunha ruta de transporte municipal