Imprimir

Comprometémonos a investir en infraestruturas deportivas

bngasmarinhas | 01 de maio de 2019

“Ano tras ano estamos acumulando orzamento sen executar até chegar aos 7 millóns de euros sen gastar, 2 millóns só este ano. Bergondo é un dos concellos con maiores ingresos do País, pero carecemos dos servizos máis básicos”

Bergondo, 30 de abril de 2019. O BNG comprometeuse a investir en infraestruturas deportivas, “o goberno ten unha carencia importante destas infraestruturas para o deporte de base mentres parece que a única prioridade do goberno segue a ser asfaltar pistas e non se teñen en conta outras necesidades importantes en Bergondo”, explicou o candidato do BNG, David Carro.

“Acaban de aprobar no Pleno unha modificación do orzamento para incorporar o remanente do ano anterior, que non é nin máis nin menos que créditos que deixaron sen executar o ano anterior”, engadiu o candidato nacionalista. “Ano tras ano estamos acumulando orzamento sen executar até chegar aos 7 millóns de euros sen gastar, 2 millóns só este ano. Bergondo é un dos concellos con maiores ingresos do País, pero carecemos dos servizos máis básicos”, engadiu o candidato nacionalista

“A política dos últimos anos do PSOE e o actual candidato da alternativa dos veciños foi asfaltar camiños e cambiar o alumeado  como se o noso concello non tivese necesidade de infinidade de servizos novos, tanto a nivel cultural como deportivo ou de servizos sociais: carecemos de centro de día ou xeriátrico público de instalacións deportivas dignas para os clubes do concello e a prioridade do bipartito foi o “pelotazo” urbanístico de San Cidre”, engadiu Carro.

“O que Bergondo precisa é un cambio de libro, non pasar paxina. O goberno actual carece de proxecto para o noso concello”, engadiu Carro, “queren facernos crer que o remanente positivo é un logro, cando en realidade só se trata de investir o que non se gastou antes”. 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/bergondo/comprometemonos-investir-infraestruturas-deportivas/20190501103648002291.html


© 2019 Bloque Nacionalista Galego das Mariñas

Bloque Nacionalista Galego 

Travesía da Torre, 2, 1º

(15300) Betanzos

Correo electrónico: marinhas@bng.gal

Teléfono : 981776466