MUNICIPAIS 2015

Xosé Manuel Pérez Martínez encabezará como independente a lista de BNG-Asembleas Abertas en Paderne

Manel Pérez, candidato de BNG-Asembleas Abertas en Paderne
Manel Pérez, candidato de BNG-Asembleas Abertas en Paderne

O BNG ven de facer público o primeiro tramo da candidatura que como BNG-Asembleas Abertas se presentará as eleccións municipais do vindeiro mes de maio e que encabezará Manel Pérez.

Xosé Manuel Pérez Martínez encabezará como independente a lista de BNG-Asembleas Abertas en Paderne

Paderne, 19 de marzo de 2015. O BNG ven de facer público o primeiro tramo da candidatura que como BNG-Asembleas Abertas se presentará as eleccións municipais do vindeiro mes de maio e que encabezará Manel Pérez.

Manel Pérez, que encabezará a lista como independente, é veciño de Loibo na parroquia de Quintas, ten 42 anos e traballa como xardineiro. Xunto con Xose Manuel Pérez integraranse no grupo de traballo de BNG-Asembleas Abertas, Martín Cortés, Alicia López Pardo, Antón Rivas e Miguel Rodríguez Carnota.

“O noso principal obxectivo é facer un concello útil de verdade, poñendo os recusos humanos e materiais ao servizo da xente”, asegura o candidato. ”A auga, os saneamentos e a conservación das vías públicas, agora tan abandonadas, son as nosas prioridades. Faremos que a democracia chegue a Paderne, gobernar coa veciñanza e non de costas a ela. Todas as persoas terán dereito á libre utilización dos locais sociais. Non se pode consentir que o goberno local siga dispoñendo de locais pagados por todos e todas ao seu antollo”.

“O noso principal obxectivo é facer que a democracia chegue a Paderne, gobernar coa veciñanza e non de costas a ela e facer da participación social e a transparencia o cambio fundamental no noso Concello”

Desde o BNG, convidaron a toda a veciñanza que crea na necesidade dun cambio urxente en Paderne a participar do proxecto do BNG-Asembleas Abertas para desaloxar do poder ao PSOE e o PP “dúas caras das mesmas políticas”.