Presentamos unha moción de apoio a reivindicación de maior seguridade viaria en San Paio

Con esta moción buscase facer forza para que as Administracións con competencias no asunto dean resposta inmediata, comezando por Patrimonio, que é quen ten na man desbloquear a situación máis rápida

Presentamos unha moción de apoio a reivindicación de maior seguridade viaria en San Paio

Bergondo, 26 de febreiro de 2020. O BNG de Bergondo ven de presentar unha moción en apoio das reivindicacións da veciñanza de maior seguridade viaria na estrada DP-0810 ao seu paso polo núcleo de San Paio, en Guísamo, pola que levan 15 anos agardando. “Esperamos contar coa unanimidade da Corporación xa que as concentracións convocadas pola veciñanza contaron co apoio de todos os grupos” indicou o portavoz nacionalista David Carro. 

Logo do último accidente que se cobrou a vida dun ciclista “cónstanos que o Concello e a Deputación retomaron as accións encamiñadas a solucionar esta problemática, sen embargo, o peche da finca Valdeameno, que afecta as obras de ampliación, esta protexido por Patrimonio da Xunta, a pesar de que hai constancia de non ser tan antigo” expuxo Carro.

Con esta moción buscase facer forza para que as Administracións con competencias no asunto dean resposta inmediata, comezando por Patrimonio, que é quen ten na man desbloquear a situación máis rápida. 

“O BNG estivo, está, e estará sempre do lado da veciñanza, por unha reclamación tan xusta e necesaria. Se para ampliar o aeroporto de Alvedro moveron un pazo pedra a pedra porque non pode moverse aquí un muro?” concluíu o portavoz nacionalista.

Presentamos unha moción de apoio a reivindicación de maior seguridade viaria en San Paio