O BNG leva a pleno a ocupación dun camiño en Miodelo

David Carro: "Veciñanza da zona trasladounos o seu malestar pola ocupación do coñecido como camiño a Pisón cunha estrutura metálica por parte dun particular que imposibilita acceder as fincas e a un muiño próximo, limpalas, e a limpeza do propio camiño”

O BNG leva a pleno a ocupación dun camiño en Miodelo

Bergondo, 2 de outubro de 2023.- O BNG interesouse no pleno do pasado xoves pola ocupación dun camiño en Miodelo. "Veciñanza da zona trasladounos o seu malestar pola ocupación do coñecido como camiño a Pisón cunha estrutura metálica por parte dun particular que imposibilita acceder as fincas e a un muiño próximo, limpalas, e a limpeza do propio camiño", indicou o portavoz nacionalista David Carro.

"A estrutura foi colocada para estabilizar unha parede dunha vivenda deshabitada, unha medida de urxencia que ía ser temporal pero que leva así 4 anos, nos que a veciñanza trasladou a problemática en varias ocasións sen que até o momento se lle puxese solución", expuxo Carro.

O grupo municipal do BNG urxiu a darlle solución a esta problemática enquistada que causa un grave prexuízo a veciñanza para acceder as súas propiedades, e tamén de seguridade, polo risco de incendio que entraña a zona ao non poder facer unha limpeza nas condicións óptimas e a maleza acumulada en todo este longo período de tempo. 

O BNG leva a pleno a ocupación dun camiño en Miodelo