O BNG TRASLADOU ESTA PROBLEMÁTICA AO PLENO NO PASADO MES DE SETEMBRO

O BNG insta ao Goberno Local a tomar medidas urxentes para dar solución ao problema de inundacións que se producen no polígono industrial

Foto de arquivo dun encontro Asociación empresarios Bergondo
Foto de arquivo dun encontro Asociación empresarios Bergondo

"Unha vez máis ponse de manifesto a necesidade perentoria da do saneamento con separación de fecais e pluviais, da renovación paulatina de servizos, nun polígono con tres décadas de antigüidade"

O BNG insta ao Goberno Local a tomar medidas urxentes para dar solución ao problema de inundacións que se producen no polígono industrial

Bergondo, a 5 de outubro de 2020. O BNG insta ao Goberno Local a tomar medidas urxentes encamiñadas a dar solución ao problema de inundacións que se producen no polígono industrial. Logo da  inundación producida a pasada fin de semana, a sexta en tres meses o portavoz do BNG, David Carro, lembrou que "as empresas situadas na zona industrial, motor económico do concello e de gran importancia na comarca, non poden estar en vilo cada vez que chove”. “Se durante os últimos meses se deron até 6 casos, que sucederá cando esteamos en pleno inverno?" preguntouse Carro.

O BNG trasladou esta problemática ao Pleno no pasado mes de setembro, mais o goberno local deu como única solución máis inmediata a limpeza a fondo do colector, que segundo o portavoz nacionalista “non parece que poida ser a solución a un problema desta importancia”.

"Unha vez máis ponse de manifesto a necesidade perentoria da do saneamento con separación de fecais e pluviais, da renovación paulatina de servizos, nun polígono con tres décadas de antigüidade" indicou o voceiro do BNG. "O Goberno Local debe dar o paso, e coa unión de toda a Corporación e as asociacións empresariais buscar os apoios precisos doutras administracións, e comprometer unha partida municipal para solucionar esta problemática", concluíu Carro. 

O BNG insta ao Goberno Local a tomar medidas urxentes para dar solución ao problema de inundacións que se producen no polígono industrial