Repartiremos carteis de aberto/pechado para os comercios para animar ao uso do galego pola celebración do Día das Letras

“Con esta campaña pretendemos afondar na liña que comezamos no nadal de apoio ao pequeno comercio e de proximidade e defender o uso normalizado da nosa lingua con accións en positivo”

Repartiremos carteis de aberto/pechado para os comercios para animar ao uso do galego pola celebración do Día das Letras

Betanzos, 14 de maio de 2018.  O BNG repartirá carteis de aberto/pechado para os comercios de Betanzos para animar ao uso do galego pola celebración do Día das Letras. Con esta proposta queren contribuír á normalización do uso de galego no comercio.

“Con esta campaña pretendemos afondar na liña que comezamos no nadal de apoio ao pequeno comercio e de proximidade e defender o uso normalizado da nosa lingua con accións en positivo”, explicou a responsábel comarcal do BNG, Cristina López. “Queremos por un lado animar aos comerciantes e pequenos empresarios a empregar publicamente e animar tamén á nosa veciñanza ao uso do galego”.

“Apostar pola identidade, por produtos propios de calidade e polo emprego da nosa lingua e a etiquetaxe en galego pensamos que é fundamental para conseguir reverter o actual consumismo acrítico e fomentar tamén un consumo responsábel”, concluíu.

A responsábel comarcal do BNG animou ademais a toda a veciñanza a participar na grande manifestación convocada por Queremos Galego o propio 17 de maio ás 12 en Compostela para reclamar o uso do galego “dia a día”.