Rexeitamos a suba e a ampliación da zona ORA

Olalla Barro é a portavoz do BNG-AA en Miño
Olalla Barro é a portavoz do BNG-AA en Miño

O BNG-AA de Miño mostrou o seu rexeitamento á subida de prezos e ampliación das zonas de ORA que trasladou hoxe ao Pleno o goberno local.

Rexeitamos a suba e a ampliación da zona ORA

Miño, 3 de xuño de 2016. O BNG-AA de Miño mostrou o seu rexeitamento á subida de prezos e ampliación das zonas de ORA que trasladou hoxe ao Pleno o goberno local.

“Desde o BNG sempre estivemos en contra de implantar a ORA no noso Concello porque nos parece que é moi inxusto que se cobre o mesmo por aparcar a unha persoa sen emprego que a Amancio Ortega”, criticou a voceira do BNG, Olalla Barro.

“Non nos parece a política máis propia de quen afirmou en campaña electoral ser a esquerda da esquerda”, ironizou.

Desde o BNG consideran que “esta é primeira proposta para facer pagar a toda a veciñanza a bancarrota que provocaron as políticas do PP”. “O goberno local négase a aprobar un plan de axuste para que non sexamos conscientes de que a débeda a imos pagar todas, pero si toma medidas que van nesa dirección, como estamos a ver”, engadiu Barro.

As nacionalistas insistiron en solicitar ao goberno, como xa fixeran cando o PP estableceu a ORA, bonificacións en función do nivel de renda para as persoas sen recursos ou colectivos en risco de exclusión social


Desde o BNG denuncian que neste tema a participación veciñal e a transparencia e nula. “Parécenos que a proposta de ampliación da ORA debera facerse pública, e contar sempre coa opinión da veciñanza", afirman no BNG. Certamente, o goberno anunciou nos medios de comunicación o pago fraccionado, pero non sabemos se isto se concreta na proposta trasladada ao Pleno nin tampouco as novas tarifas”, engadiron.

As nacionalistas insistiron en solicitar ao goberno, como xa fixeran cando o PP estableceu a ORA, bonificacións en función do nivel de renda para as persoas sen recursos ou colectivos en risco de exclusión social. “O contrario é privatizar a praia, tendo en conta que non hai transporte público”, concluíron.