Propoñemos crear unha area para auto caravanas no Pedrido

O BNG de Bergondo propón o acondicionamento dunha área para auto caravanas. Dende o BNG propoñen unha zona do entorno da praia do Pedrido xa que se ten constatado unha notable afluencia de auto caravanas neste entorno, polo que darlles mellores servizos axudaría a atraer aínda máis e seria beneficioso para a hostalería.

Propoñemos crear unha area para auto caravanas no Pedrido

Bergondo 27 de abril de 2017. O BNG de Bergondo propón o acondicionamento dunha área para auto caravanas. "O investimento para acondicionar un área deste tipo é mínimo, so se precisan unhas tomas de auga e luz, un deposito para recoller as augas sucias, colectores de lixo e sinalización", indicou o portavoz nacionalista David Carro.

Esta constatado que este xeito de facer turismo gaña adeptos ano a ano, a empezos deste ano había arredor de 1,5 millóns de auto caravanas na Unión Europea e continúan en aumento, "parécenos que a iniciativa sería rendíbel e suporía un impulso para o turismo no noso municipio" explicou Carro. 

Dende o BNG propoñen unha zona do entorno da praia do Pedrido xa que se ten constatado unha notable afluencia de auto caravanas neste entorno, polo que darlles mellores servizos axudaría a atraer aínda máis e seria beneficioso para a hostalería. Deste xeito ademais ampliariamos a oferta turística no noso concello.

O nacionalista aproveitou para demandar o saneamento da Ría, xa que a calidade das augas das praias do concello de Bergondo non é a mellor. “Aínda coa situación das praias recibimos visitantes, se se coidase e puxese en valor o noso patrimonio e se coidaran os nosos recursos naturais poderíamos ter aínda moitos máis visitantes”, concluíu o portavoz do BNG.