Denunciamos problemas co subministro de auga na Senra

David Carro é o candidato do BNG de Bergondo
David Carro é o candidato do BNG de Bergondo

"Veciñanza da Senra púxose en contacto con nos para trasladarnos que dende xa fai algún tempo reciben a auga da traída municipal con excesiva presión o que pode chegar a provocar roturas de instalacións ou outros desperfectos"

Denunciamos problemas co subministro de auga na Senra

Bergondo, 9 de xaneiro de 2019. O BNG de Bergondo ven de denunciar a problemática que nos últimos tempos está a sufrir a veciñanza da Senra, na parroquia de Bergondo, co subministro de auga. "Veciñanza da Senra púxose en contacto con nos para trasladarnos que dende xa fai algún tempo reciben a auga da traída municipal con excesiva presión o que pode chegar a provocar roturas de instalacións ou outros desperfectos", espuxo o portavoz nacionalista David Carro.

“Segundo estes veciños e veciñas, fai meses que técnicos da concesionaria Viaqua se desprazaron até o lugar onde abriron varios buracos, entendese que buscando a avaría, mais pasado bastante tempo a problemática continua e os técnicos non volveron nin informaron de nada aos residentes que, agora, conviven diariamente cunha dobre problemática, a que pode provocar a presión da auga, e as fochancas abertas”, engadiu o portavoz nacionalista.

Logo dunha recente visita ao lugar, dende o BNG de Bergondo instaron ao Goberno Local a tomar medidas e esixir a concesionaria da auga que dea unha solución na maior brevidade posible, así como deixar a zona en óptimo estado de conservación, "non é de recibo que logo do tempo transcorrido non se teña dado unha solución e nin tan sequera se informase a veciñanza dos pasos dados até o momento. Viaqua cobra puntualmente os seus recibos e debe responder axilmente as avarías" indicou Carro. 

“A veciñanza pode estar segura de que a partir de maio se o BNG goberna nos si poñeremos a concesionaria no seu sitio e faremos o posíbel por rematar co mal funcionamento do subministro de auga e do saneamento que provoca continúas queixas entre a veciñanza de Bergondo”,  concluíu David Carro.