O BNG reclamou un sistema de redución da contaminación acústica da AP-9 en Mariñán

“Vimos de trasladar esta reivindicación á Consellería de Infraestruturas, ao Ministerio de Transportes e á propia concesionaria”

O BNG reclamou un sistema de redución da contaminación acústica da AP-9 en Mariñán

Bergondo, 30 de setembro de 2020. O BNG de Bergondo fíxose eco das reivindicacións da veciñanza de Mariñán que hai tempo reclaman algún sistema que reduza a contaminación acústica que soportan nas súas vivendas provocada polo tráfico diario que transita pola AP9, moi preto das súas propiedades. 

"Hai un tempo que residentes nesta zona reclaman a instalación dunhas pantallas que permitan ter menos ruído nas súas propiedades, sen embargo, a súa demanda non foi atendida polo momento e non atopan apoio por parte do Concello", indicou o portavoz nacionalista David Carro. "Dende o BNG imos facer todo o que este na nosa man para axudar a estas veciñas e veciños a conseguir o seu obxectivo e que teñan unha maior calidade de vida", expuxo Carro. 

“Para comezar, co aval dunha serie de firmas, vimos de trasladar esta reivindicación á Consellería de Infraestruturas, ao Ministerio de Transportes e á propia concesionaria, Audasa. Non é unha obra moi costosa e seria unha gran mellora” concluíu Carro. O BNG indica tamén que a autoestrada atravesa unha zona da Rede Natura 2000 e un LIC, co conseguinte prexuízo medioambiental, que se vería así subsanado en parte.
O BNG reclamou un sistema de redución da contaminación acústica da AP-9 en Mariñán