Cristina López será a candidata do BNG á alcaldía de Abegondo

Cris 1
Cris 1

Presentámonos con toda a ilusión de recuperar a representación na corporación municipal e poder así ser útiles á veciñanza de Abegondo propoñendo solucións e ideas para mellorar o noso concello. Temos o compromiso firme de rematar cun goberno do Partido Popular que ten Abegondo paralizado no clientelismo e a propaganda”

Cristina López será a candidata do BNG á alcaldía de Abegondo

Abegondo, 15 de febreiro de 2019. Cristina López vai ser a candidata do BNG á alcaldía na próximas eleccións municipais de maio. Cristina vive en Betanzos pero traballa hai seis anos como conserxe no Instituto de Viós. “En Abegondo é imprescindíbel e urxente un cambio de modelo e o BNG ten demostrado alí onde goberna que é capaz de levar a cabo os cambios necesarios para mellorar as vilas e as aldeas, facelas máis humanas e mellorar a vida da veciñanza crendo en nós mesmos e nas nosas posibilidades”, explicou a candidata nacionalista.

Temos un modelo de concello que está comprobado alí onde gobernamos que funciona e sabemos que é o cambio que Abegondo precisa para deixar de ser o concello do desastre urbanístico, o que leva xa anulados dous plans xerais, e pasar a ser coñecido polos nosos valores naturais e patrimoniais. Abegondo é un concello con moitas posibilidades é non podemos permitirnos perder poboación todos os anos. Queremos vivir con dignidade e farémolo se cremos en nós mesmas”, engadiu a candidata nacionalista.

Desde o BNG apostamos durante os últimos anos por unha liña sería de traballo pola transparencia e a democracia e participación no Concello lonxe da liña de buscar enfrontamentos entre a veciñanza que caracterizaron o goberno municipal nos últimos tres anos e medio”, indicou a candidata do BNG. “Presentámonos con toda a ilusión de recuperar a representación na corporación municipal e poder así ser útiles á veciñanza de Abegondo propoñendo solucións e ideas para mellorar o noso concello. Temos o compromiso firme de rematar cun goberno do Partido Popular que ten Abegondo paralizado no clientelismo e a propaganda”, declarou López.

A candidata nacionalista rematou convidando a toda a veciñanza a unirse ao grupo do BNG “Convidamos a toda a veciñanza a sumarse ao noso grupo de traballo que con ilusión e propostas concretas propón un cambio real para o noso Concello, porque no BNG somos antítese da política actual no concello movida por intereses e rencores persoais. Porque precisamos un goberno local transparente que deixe de utilizar os cartos públicos en función dos seus intereses electorais e que goberne para todos os veciños e veciñas non só para os que os votan comprometémonos a traballar con seriedade e responsabilidade con ideas claras para conseguir o cambio político que Abegondo precisa”, concluíu.