O BNG considera que a anulación do PXOM senta un precedente contra a especulación

Cristina López é a portavoz do BNG en Abegondo
Cristina López é a portavoz do BNG en Abegondo

O BNG valorou como moi importante o fallo do TSXG anulando o Plan Xeral de Abegondo. “Parécenos que pode sentar un precedente en contra de todo un modelo de urbanismo baseado na especulación

O BNG considera que a anulación do PXOM senta un precedente contra a especulación

Abegondo, 22 de abril de 2016. O BNG valorou como moi importante o fallo do TSXG anulando o Plan Xeral de Abegondo. “Parécenos que pode sentar un precedente en contra de todo un modelo de urbanismo baseado na especulación”, indicou a portavoz do BNG de Abegondo Cristina López. “É moi importante que o TSXG anule o Plan Xeral en base a unha previsión de vivendas novas que se demostra irreal e que invalida tamén polo tanto o estudo económico financieiro do Plan. Parécenos un paso positivo que de sentar precedente marcaría un cambio de modelo cara a un urbanismo sustentábel”, engadiu a voceira nacionalista.

Desde o BNG-AA posicionaronse en contra “de seguir recurrindo en contra dos intereses da veciñanza con cartos públicos”. “Recurrir o fallo diante do Tribunal Supremo parécenos seguir malgastando recursos públicos en recurrir en contra da propia veciñanza ademais de un intento de dilatar o procedemento no tempo uns anos máis en lugar de aprobar un planeamento realista e sostíbel para Abegondo”, engadiu a voceira do BNG.

 

Desde o BNG-AA posicionáronse en contra “de seguir recurrindo en contra dos intereses da veciñanza con cartos públicos”

 

Ademais, as nacionalistas indicaron que o fallo demostra que algunhas das alegacións que presentaron ao Plan Xeral no seu momento eran acertadas. “O fallo vennos dar a razon en parte das nosas alegacións por exemplo no que se refire á legalización de núcleos construídos en rústico ao amparo da disposición transitoria 13 da lei do solo, como caso das de Limiñón”, indicou Cristina López.