Que repercusión ten a caída do gasto dos orzamentos do Estado en Galiza ten para os concellos da comarca das Mariñas

Ría de Betanzos
Ría de Betanzos

O BNG criticou hoxe a repercusión que  a caída do gasto dos orzamentos do Estado en Galiza ten para os concellos da comarca das Mariñas. Non hai partida ningunha reservada para a rexeneración ecolóxica da ría de Betanzos, que se recollera nas contas no 2012 pero nunca chegou a executarse.Tampouco hai ningunha partida para a tantas veces prometida solución para os problemas de seguridade viaria en Queirís no Concello de Coirós.

Que repercusión ten a caída do gasto dos orzamentos do Estado en Galiza ten para os concellos da comarca das Mariñas

Betanzos, 16 de xaneiro. O BNG criticou hoxe a repercusión que  a caída do gasto dos orzamentos do Estado en Galiza ten para os concellos da comarca das Mariñas. “Non hai partida ningunha reservada para a rexeneración ecolóxica da ría de Betanzos, que se recollera nas contas no 2012 pero nunca chegou a executarse”, explicou a responsábel do BNG das Mariñas, Cristina López.

Sen orzamento para seguridade viaria na comarca

“Tampouco hai ningunha partida para a tantas veces prometida solución para os problemas de seguridade viaria en Queirís no Concello de Coirós”, criticou a responsábel do BNG. Os nacionalistas criticaron o insuficiente orzamento para melloras na seguridade viaria na N-651 nos barrios betanceiros da Ribeira e a Ponte Vella así como na N-VI na Angustia (Betanzos), en Coirós, Aranga e no concello de Bergondo. “Aínda que o goberno local anunciou que o Ministerio construirá unha rotonda en Guísamo para a que só reserva 100 mil euros que non chegan nin para as expropiacións. Ademais, seguimos botando en falta outras medidas  como unha pasarela peonil no Espiritu Santo, onde o Ministerio de Fomento a prometeu no ano 2010 despois de varios atropelos, mais parece que se esqueceu do tema” abundou López.

Nin alta velocidade nin tren de proximidades

O BNG advirte de que os orzamentos xerais do Estado confirman que se abandona a equiparación do tren entre A Coruña, Betanzos e Ferrol co eixo atlántico. “Apenas 200 mil euros para o estudo sobre o baipás e o único que se recolle nos orzamentos, que obviamente, só son para o estudo que está en licitación”, engadiu a nacionalista.

Os orzamentos de 300 mil euros en total para todos os concellos da comarca das Mariñas, deixan fora a todos os concellos rurais como Paderne, Coirós, Irixoa ou Aranga e mesmo a Miño ou Abegondo onde non se contempla nin un só investimento. “O que temos claro é que no vindeiro ano o Estado non prevé executar ningunha obra na comarca porque desde logo 300 mil euros non chegan nin para comezar as expropiacións e moito menos para executar ningunha das melloras que levamos anos reclamando”, concluíu Cristina López.