Conmemoramos o 25 de novembro cun ciclo de encontros

“O ciclo xirará en torno a debates de actualidade polos cambios lexislativos enriba da mesa no ámbito do feminismo e os dereitos das mulleres como a custodia compartida imposta ou os ventres de aluguer”

Conmemoramos o 25 de novembro cun ciclo de encontros

Betanzos, 26 novembro de 2017. O BNG celebrará esta semana un ciclo de encontros para conmemorar o 25 de novembro, día internacional contra a violencia machista. “O ciclo xirará en torno a debates de actualidade polos cambios lexislativos enriba da mesa no ámbito do feminismo e os dereitos das mulleres como a custodia compartida imposta ou os ventres de aluguer”, explicou a responsábel do BNG das Mariñas, Cristina López.

“Mañá luns a partir das 20:30 h no salón azul do edificio Liceo falaremos da custodia compartida imposta coa deputada no Parlamento galego, Noa Presas e o vindeiro mércores a partir das 19:30 no local social da Rúa en Miño dos ventres de aluguer con Olaia Ledo, da executiva nacional do BNG”, explicou a responsábel nacionalista.

“Son temas que están suscitando moito debate social e queremos contribuír así a poñer enriba da mesa estas temáticas que afectan directamente aos dereitos das mulleres. Convidamos a toda a veciñanza da nosa comarca a participar destes encontros abertos pensados para contrastar as diferentes opinións”, concluíu Cristina López.