MUNICIPAIS 2015

O BNG marcou como prioridades a creación de emprego na súa presentación

Presentación da candidatura do BNG en Guísamo

O BNG-Asembleas abertas presentou está tarde en Guísamo a súa candidatura para as eleccións do vindeiro mes de maio. O candidato á alcaldía, David Carro, quixo deixar claro que “o BNG-Asembleas Abertas non defende as grandes concesionarias de servizos para o seu único beneficio que somos xente do pobo e presentamonos para o gobernar para o pobo”.

O BNG marcou como prioridades a creación de emprego na súa presentación

Bergondo, 26 de abril de 2015. O BNG-Asembleas abertas presentou está tarde en Guísamo a súa candidatura para as eleccións do vindeiro mes de maio. O candidato á alcaldía, David Carro, quixo deixar claro que “o BNG-Asembleas Abertas non defende as grandes concesionarias de servizos para o seu único beneficio que somos xente do pobo e presentamonos para o gobernar para o pobo”.

“Depende de nós, concellos para os amigos ou para as veciñas e veciños?, apostar polo cemento ou polas persoas?, no BNG témolo claro, apostamos polas veciñas e veciños, apostamos polas persoas”, explicou o candidato nacionalista no seu discurso no que marcou como prioridades a creación de emprego e o benestar social.

David Carro defendeu a remunicipalización dos servizos básicos como o subministro de auga ou o saneamento.

“A nosa máxima será a participación a transparencia, a ética, tolerancia cero contra as prácticas corruptas e o transfuguismo”, indicou Carro, quen defendeu “a remunicipalizaremos servizos básicos como a traída ou o saneamento”.

O candidato nacionalista comprometeuse a elaborar un regulamento de participación veciñal e uns orzamentos participativos para implicar a veciñanza na toma de decisións. “Reducir gastos superfluos como publicidade e propaganda para gastar os cartos de todos e todas e mellores servizos públicos para toda a veciñanza”, indicou Carro, quen concluíu pedindo o apoio dos veciños e veciñas para mudalo todo en Bergondo.

No acto ademais do candidato interviñeron Lourenzo Castro, número dous da candidatura, Margarita Esteban, Oscar Pousada e Francisco Barreiro. A presentación correu a cargo da actriz, Isabel Risco.

No acto ademais do candidato interviñeron Lourenzo Castro, número dous da candidatura, Margarita Esteban, Oscar Pousada e Francisco Barreiro. A presentación correu a cargo da actriz, Isabel Risco.

O BNG marcou como prioridades a creación de emprego na súa presentación