Criticamos que o goberno local malgaste cartos públicos en apoiar unha manifestación convocada polo ‘lobbi’ da madeira
O grupo nacionalista defende unha ordenación do monte para regular as distancias e garantir a seguridade da veciñanza así como que se poña coto ao monocultivo de eucalipto. Desde o BNG apostaron por un modelo que busque o beneficio colectivo en lugar do beneficio para algunhas empresas.