O BNG reclama un Estudo de impacto ambiental “conxunto” dos 6 parques eólicos proxectados no Monte do Gato e o PP rexeita a iniciativa nacionalista
Mercedes Queixas cualificou de “trama” para espoliar o Monte do Gato publicar, “ despois de dous anos”, seis Declaracións de Impacto Ambiental que mesmo confirman a fragmentacións dos parques e inciden na falta de rigor e abandono da protección das persoas e o territorio
Lamentou que unha vez máis, o Partido popular votara en contra da proposta para seguir favorecendo ás empresas eléctricas