Criticamos que a piscina municipal de Velouzás continúe pechada a estas alturas do verán

Piscina Paderne
Imaxe da piscina de Velouzás esta semana aínda sen encher

Desde o BNG lembran que hai unha axuda da Deputación de até 10 000 euros por concello para contratar persoal de socorrismo para as piscinas municipais durante tres meses. “A axuda daba para todo o verán pero agora as veciñas e veciños de Paderne terán, con sorte, só dous meses ao seu dispor a piscina cuxa construción e mantemento pagan ano tras ano”.

Criticamos que a piscina municipal de Velouzás continúe pechada a estas alturas do verán

Paderne, 23 de xullo de 2018. O BNG cuestionou que a piscina municipal de Velouzás continúe pechada a estas alturas do verán. “Estivo sen persoal até esta mesma semana e agora aínda teñen que lle facer o mantemento para saneala antes de abrir ao público”, resume o voceiro nacionalista en Paderne, Manel Pérez.

Desde o BNG lembran que hai unha axuda da Deputación de até 10 000 euros por concello para contratar persoal de socorrismo para as piscinas municipais durante tres meses. “A axuda daba para todo o verán pero agora as veciñas e veciños de Paderne terán, con sorte, só dous meses ao seu dispor a piscina cuxa construción e mantemento pagan ano tras ano”, lamenta o voceiro nacionalista.

Neste sentido, desde o BNG recordan que o Concello ten superávit e que o goberno local do PSOE gábase disto. “Se non abondaban os cartos da Deputación para cubrir a praza, que lle arrimasen fondos municipais, que os cartos gardados no banco non reportan ningún beneficio á veciñanza”, censura Manel Pérez.

O BNG asegura que o executivo municipal fai o mesmo con todos os servizos de uso cotián da veciñanza. “Ou os privatiza ou non os dá e gasta en cousas totalmente prescindíbeis ou directamente ten os cartos parados no banco, como se fose algo digno de loubanza”, engaden.Piscina Paderne 2Piscina parque

Tampouco nas praias

O BNG asegura que “tampouco se contratan socorristas para as praias de Paderne”. Cuestionan que o goberno local queira vender como destino turístico os areais da Xurela e a Abeleira e que “os teña sen servizos mínimos, sequera un acceso a xeito”. Entenden que ben xestionadas e garantindo a riqueza ambiental “os areais poderían ser un atractivo máis para visitar Paderne, unha alternativa gratuíta de lecer para a veciñanza e unha oportunidade de desenvolvemento económico”. “Mais o goberno local non fai nada, nin sequera sanea os núcleos para evitar verquidos que empobrezan máis estas praias”, lamentan.

Criticamos que a piscina municipal de Velouzás continúe pechada a estas alturas do verán