O BNG criticou o obradoiro de emprego conxunto entre Miño e Paderne por ser unha esmola de 20 prazas

O BNG de Miño criticou o obradoiro de emprego conxunto entre Miño e Paderne, que vén de clausurar a conselleira de traballo Beatriz Mato. “Parécenos unha esmola ofrecer 20 prazas nun obradoiro para persoas desempregadas cando só no concello de Miño había no mes de xaneiro 456 persoas desempregadas e en Paderne outras 173, segundo datos da propia Consellaría de Traballo”,

O BNG criticou o obradoiro de emprego conxunto entre Miño e Paderne por ser unha esmola de 20 prazas

Miño, 26 de febreiro de 2015. O BNG de Miño criticou o obradoiro de emprego conxunto entre Miño e Paderne, que vén de clausurar a conselleira de traballo Beatriz Mato. “Parécenos unha esmola ofrecer 20 prazas nun obradoiro para persoas desempregadas cando só no concello de Miño había no mes de xaneiro 456 persoas desempregadas e en Paderne outras 173, segundo datos da propia Consellaría de Traballo”, criticaron desde o BNG, “nos catro anos desta lexislatura estas son as únicas medidas que o goberno local adoptou para paliar os terríbeis datos de desemprego e emigración que padece o noso concello. Lamentamos que o máximo que se lles ofreza sexa o citado obradoiro de tan só 20 prazas”.

As nacionalistas fixéronse eco das queixas do alumnado deste obradoiro polo estado no que se atopa o edificio da antiga escola de Gallamonde, onde se impartiron as aulas

As nacionalistas fixéronse eco das queixas do alumnado deste obradoiro polo estado no que se atopa o edificio da antiga escola de Gallamonde, onde se impartiron as aulas. “Este obradoiro de emprego supuxo un gasto de case 300 000 euros entre o Concello de Miño e a Consellaría de traballo, parécenos que con ese gasto debían garantir unhas condicións de mínima dignidade no lugar onde se imparte xa non por humanidade, mais por obriga legal”, indicaron desde o BNG. “O edificio non conta cunhas condicións adecuadas de habitabilidade, non hai calefacción, nin seguridade na instalación eléctrica, nin mesas e cadeiras adaptadas á idade das persoas que realizaban o curso, nin material de traballo”, explicaron.

Desde o BNG critican este sistema de formación que non garante a empregabilidade e só busca maquillar os terríbeis datos de desemprego provocados polas devastadoras políticas neoliberais do PP. “Fan cursos de formación en sectores como a xardinaría completamente saturados e ao rematar os obradoiros non teñen posibilidade ningunha de atopar traballo”, informaron, “ademais este tipo de contrato non dá dereito a prestación ao rematar, co cal a situación é aínda peor que antes da formación. O Concello de Miño que prometera emprego para algunhas destas persoas ao empezar o obradoiro parece que agora esqueceu estas promesas”.

“En todo o país celebráronse este ano 53 obradoiros de emprego e 51 deles foron en concellos gobernados polo PP. Pensamos que é un dato moi gráfico que demostra claramente que as prioridades do Partido Popular non son as persoas senón maquillar os terríbeis datos de desemprego e ademais facer electoralismo con cartos públicos”

“En todo o país celebráronse este ano 53 obradoiros de emprego e 51 deles foron en concellos gobernados polo PP. Pensamos que é un dato moi gráfico que demostra claramente que as prioridades do Partido Popular non son as persoas senón maquillar os terríbeis datos de desemprego e ademais facer electoralismo con cartos públicos”, explicaron as nacionalistas. “Reclamamos ao Partido Popular que se preocupe un pouco menos de facerse fotos en precampaña e máis das maiorías sociais empobrecidas consecuencia do seu inhumano programa político”

O BNG criticou o obradoiro de emprego conxunto entre Miño e Paderne por ser unha esmola de 20 prazas