Presentamos unha moción para garantir o reparto de máscaras á toda á veciñanza

Pleno virtual en Oza-Cesuras
Pleno virtual en Oza-Cesuras

Os nacionalistas propuxeron tamén no Pleno demandar do goberno do Estado a derrogación da Lei Montoro que impide que o superávit dos concellos se poida destinar os recursos dos concellos

Presentamos unha moción para garantir o reparto de máscaras á toda á veciñanza

Oza dos Ríos, 11 de maio de 2020. O BNG presentou no pleno extraordinario, celebrado esta mañá de xeito telemático, unha moción para garantir que o reparto de máscaras protectoras chegue a toda a veciñanza. “O sistema de reparto de máscaras do goberno do Estado para as persoas é ineficaz no noso concello, xa que non contamos cun transporte público utilizado para o traslado aos centros de traballo”. Explicou Estefanía Busto, voceira do BNG.

“A solución artellada por algún concellos de achegar máscaras directamente á poboación non resolve de todo esta cuestión, no caso de Oza-Cesuras fíxose un reparto a persoas dependentes e  maiores de 65 anos”, informou a voceira nacionalista, que ve esta medida insuficiente “entendemos a necesidade de protexer ás persoas maiores, mais tamén cremos que as persoas que máis se expoñen a un posible risco son as traballadoras que deben saír das súas casas, desprazarse para realizar actividades esenciais ou chegar ao seu posto de traballo”, puntualizou Busto.

Por todo isto o BNG pediu ao Pleno do Concello que inste á Xunta de Galiza, como administración competente en materia sanitaria e de saúde pública, a estabelecer un sistema de acceso aos sistemas de protección -máscaras e luvas fundamentalmente- dun xeito controlado e seguro. “Lamentamos que o goberno local non apoie esta medida, o que obriga ás persoas a pedir directamente ás máscaras ao concello e non é este momento de facer propaganda,” censurou a voceira nacionalista

Derrogación da Lei Montoro

Os nacionalistas propuxeron tamén no Pleno demandar do goberno do Estado a derrogación da Lei Montoro que impide que o superávit dos concellos se poida destinar a gasto corrente. “Nesta situación de grave crise pensamos que é necesario permitir que se poidan destinar os recursos dos concellos a políticas activas de emprego, solidariedade e reactivación económica”, concluíu o portavoz do BNG. A proposta do BNG foi aprobada por unanimidade.  

Presentamos unha moción para garantir o reparto de máscaras á toda á veciñanza