O BNG presenta unha moción para garantir a seguridade e cumprimento do protocolo COVID na escola infantil

Escola infantil de Oza-Cesuras
Escola infantil de Oza-Cesuras

O pequeno valado non cumpre as medidas de seguridade, polo material –madeira- e pola altura, facilmente salvable polas crianzas. Ante esta situación, o Concello debe tomar posición, escoitar á comunidade educativa e priorizar a seguridade e saúde das crianzas.

O BNG presenta unha moción para garantir a seguridade e cumprimento do protocolo COVID na escola infantil

Oza dos Ríos, 3 de setembro de 2020. O BNG de Oza-Cesuras presentou, para o seu debate no pleno ordinario que se celebrará o vindeiro luns, unha moción solicitando que se cumpran as acción necesarias para garantir a seguridade e o cumprimento do protrocolo anti COVID na escola infantil A Galiña Azul, informou Estefanía Busto, voceira do BNG no concello. “O actual contexto educativo está condicionado pola crise sanitaria da COVID-19, preséntanse moitos interrogantes de cara o inicio do vindeiro curso escolar, cun protocolo das institucións escaso e pouco claro, no caso da escola infantil ese protocolo indica que se priorice o uso dos espazos e das actividades no exterior”, engadiu Busto

 “A escola infantil Galiña Azul do noso concello conta cun amplo espazo exterior, mais o espazo útil e do que poden desfrutar é pouco, rodeado por un pequeno valado”, expuxo Busto, xa desde a comunidade educativa se propuxo en varias ocasións ampliar ese espazo, mais sen resposta nin por parte do Concello nin do Consorcio Galego de Benestar” informou a voceira nacionalista.   

“Por outra banda, o pequeno valado non cumpre as medidas de seguridade, polo material –madeira- e pola altura, facilmente salvable polas crianzas. Ante esta situación, o Concello debe tomar posición, escoitar á comunidade educativa e priorizar a seguridade e saúde das crianzas”, concluíu Busto.

O BNG presenta unha moción para garantir a seguridade e cumprimento do protocolo COVID na escola infantil