O BNG parabenízase pola rectificación na posición do alcalde de Oza-Cesuras en relación co PE Legre, provocada pola presión veciñal

Imaxe da situación do Parque Eólico Legre
Imaxe da situación do Parque Eólico Legre

Estefanía Busto: Seguiremos reclamando que o goberno local vaia un paso máis alá manifestando o total rexeitamento do concello a este proxecto, como demandamos na nosa proposta e como están facendo outros concellos na nosa comarca.

O BNG parabenízase pola rectificación na posición do alcalde de Oza-Cesuras en relación co PE Legre, provocada pola presión veciñal

Oza dos Ríos, 15 de maio de 2021O BNG de Oza-Cesuras parabenízase de que o alcalde rectificase a súa postura ante o proxecto do parque eólico de Legre grazas á presión veciñal e do BNG. “Desde o BNG entendemos que nunca é tarde para defender os intereses da veciñanza e esta mañá vimos de asinar unha declaración institucional manifestando o apoio do concello á veciñanza afectada”, explicou Busto, “esperamos que este acto non quede só no papel e que se concrete en feitos e accións reais”, aclarou a concelleira nacionalista. 

“No pleno ordinario celebrado o pasado 29 de abril levamos unha moción na que pediamos unha postura clara do concello contra este proxecto, mais o PP votou en contra da nosa proposta”, expuxo Estefanía Busto. “Arectificación do alcalde, débese á presión veciñal e esperamos que o se concrete en apoio legal e económico á veciñanza afectada”, engadiu

A proliferación de proxectos de parques eólicos en todo o país require unha postura firme e contundente, é por iso que lamentamos que non se vai un paso máis alá manifestando o total rexeitamento do concello a este proxecto, como demandamos na nosa proposta e como están facendo outros concellos na nosa comarca”, concluíu Busto.

Desde o BNG lembraron que presentaron alegacións ao proxecto de PE Legre no trámite previo ao Estudo de impacto ambiental e púxeronse de novo á disposición da veciñanza afectada. 

O BNG parabenízase pola rectificación na posición do alcalde de Oza-Cesuras en relación co PE Legre, provocada pola presión veciñal