O BNG traslada ao Parlamento a problemática do transporte escolar e o comedor no “Cruz do Sar”

CPI "Cruz do Sar"
O BNG traslada ao Parlamento a problemática do transporte escolar e o comedor no “Cruz do Sar”

CPI "Cruz do Sar"

Bergondo, 2 de abril de 2014. O BNG traslada ao Parlamento as queixas das nais e pais do CPI “Cruz do Sar” sobre o autobús escolar e o servizo de comedor.

“As nais e pais do alumnado do CPI “Cruz do Sar”, veñen manifestando desde principios deste curso o seu malestar pola decisión da Educación tomou de non facilitar transporte escolar aos alumnos e alumnas que non fagan uso do servizo de comedor, como fixo público a ANPA o pasado sábado”, explicou David Carro do BNG de Bergondo.

“Desde principios deste curso o servizo de comedor deixou de ser gratuíto para ter que asumir os pais e nais un copago de até 4.5 euros”, indicou Carro. Os nacionalistas presentaron unha serie de preguntas no Parlamento galego preocupandose por esta situación e reclamando unha solución.

“Parécenos inxustificábel que os alumnos e alumnas que non fan uso do comedor, sexa porque non queren ou non poden afrontar o seu custo, teñen que agardar desde as 14:25, hora de remate das aulas, ata as 15:00 h para poder facer uso do autobús gratuíto”, denunciou David Carro, “quen asegurou que a Consellería de educación ten coñecemento desta situación e non ofreceu alternativa ningunha máis que que os pais e nais vaian ao centro a recoller ás súas crianzas”.

O grupo parlamentar do BNG exixiu á Consellería algunha medida para solucionar esta situación e que reconsidere a súa decisión de establecer un copago no comedor escolar

“Ademais, durante eses 35 minutos que os nenos e nenas teñen que esperar non hai ningún adulto responsábel do seu coidado e atención. Esta situación significa na práctica a exclusión destes nenos e nenas do servizo de transporte escolar”, denunciou Carro.

O grupo parlamentar do BNG exixiu á Consellería algunha medida para solucionar esta situación e que reconsidere a súa decisión de establecer un copago no servizo de comedor escolar.

O BNG traslada ao Parlamento a problemática do transporte escolar e o comedor no “Cruz do Sar”