O BNG denunciou nas súas alegacións aos parques eólicos Seselle, Fontella e Feás, que no estudo de impacto non sen contemplan os proxectos doutros tres parques na mesma zona

Parque Fontella na zona núcleo da Reserva da Biosfera
Parque Fontella na zona núcleo da Reserva da Biosfera

Trátase pois dun estudo que non recolle a realidade do conxunto de aeroxeneradores que se proxecta instalar nesta área e que polo tanto non ten validez como tal”

A nacionalista apelou a poñer no centro o interese público as  garantías ambientais e o retorno económico e social da enerxía eólica.

O BNG denunciou nas súas alegacións aos parques eólicos Seselle, Fontella e Feás, que no estudo de impacto non sen contemplan os proxectos doutros tres parques na mesma zona

Betanzos, 16 de xaneiro de 2021. O BNG denunciou nas súas alegacións aos parques eólicos Seselle, Fontella e Feás, nos concellos de Aranga, Coirós e Oza-Cesuras, que no estudo de impacto non sen contemplan os proxectos doutros tres parques na mesma zona. Estes 3 parques véñense sumar ao PE Felga ao que xa presentamos alegacións desde o BNG, e supoñen 25 aeroxeneradores máis e 125 MW de potencia. 

“No estudo de elementos Sinérxicos e acumulativos do estudo de imapcto recóllense os parques en tramitación e en explotación nun área de 20 quilómetros”, explicou a responsábel comarcal do BNG, Cristina López.  “Sen embargo non se recollen 3 dos parques actualmente en tramitación na área máis cercana de 5 quilómetros, en concreto obviase a existencia dos PE Penas Boas -4 aeroxeneradores-, PE Gato -6 aeroxeneradores- e o PE Felga -5 aeroxeneradores-, este último en tramitación o seu estudo ambiental, ao que tamén presentamos alegacións”, engadiu López. 

“Trátase pois dun estudo que non recolle a realidade do conxunto de aeroxeneradores que se proxecta instalar nesta área e que polo tanto non ten validez como tal”, criticou Cristina López. Ademais desde o BNG insistiron en reclamar un estudo ambiental conxunto de todos os aeroxeneradores que se proxecta instalar nunha área de menos de 5 quilómetros. “A fragmentación dun Parque Eólico é unha práctica fraudulenta cando se presenta un Estudo de Impacto Ambiental individual de cada un dos proxectos fragmentados, evitando unha avaliación global de todo o proxecto e das garantías esixibles”, indicou a responsábel nacionalista. 

Afectación á Necrópole megalítica do Monte do Gato

Desde o BNG pediron tamén medidas compensatorias por parte da empresa como a posta en marcha dun plan de rentabilización do Patrimonio de toda a Necrópole “que inclúa a limpeza continuada no tempo dos túmulos que a integran e os seus accesos, así como a súa posta en valor mediante elementos didácticos que poderían ir desde cartelería e sinalización mediante fitos ata o desenvolvemento de aplicacións informáticas para dispositivos móbiles con contidos multimedia”, engadiu Cristina López. A valoración económica destas medidas e os prazos para a súa execución deberan incluírse no EIA. 

Modelo Muras: que a enerxía eólica reverta en beneficio de toda a veciñanza

A nacionalista apelou a poñer no centro o interese público as  garantías ambientais e o retorno económico e social da enerxía eólica. Nesta liña lembrou que o concello de Muras é “un claro exemplo de como a enerxía eólica reverte en beneficio dos veciños e veciñas que ven abarato o prezo do recibo da luz”.

O BNG denunciou nas súas alegacións aos parques eólicos Seselle, Fontella e Feás, que no estudo de impacto non sen contemplan os proxectos doutros tres parques na mesma zona