O BNG alégrase da declaración de reserva da biosfera das Mariñas coruñesas e as Terras do Mandeo

O BNG alégrase da declaración de reserva da biosfera das Mariñas coruñesas e as Terras do Mandeo

Betanzos, 29 de maio de 2013. Onte soubemos que As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo son reserva de mundial da Biosfera.

Os municipios que conforman esta reserva son son Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Cesuras, Coirós, Culleredo, Curtis, Miño, Irixoa, Oleiros, Oza dos Ríos, Paderne, Sada, e Sobrado. Ocupa 113.970 hectáreas, nas que residen casi 190.000 persoas.

Desde o BNG alegrámonos desta decisión e esperamos que sirva para que todos estes  Concellos,  e, en xeral, todas as administracións se preocupen por coidar o noso medio natural, a nosa Ría e os nosos ríos que ademais tamén son parte da nosa identidade colectiva. Para que tod@s nós sexamos conscientes da importancia de ser merecedores deste recoñecemento. Agardamos que sexa algo máis que un reclamo turístico.

O BNG alégrase da declaración de reserva da biosfera das Mariñas coruñesas e as Terras do Mandeo