"Non nos parece serio o novo cambio de postura do goberno sobre a débeda de Fadesa"

O BNG-Asembleas abertas de Miño criticou que o goberno municipal de Miño cambie outra vez máis de postura sobre o pago da débeda de Fadesa. Hai un mes dixeran en rolda de prensa que se renunciaba e, polo tanto, se devolvería o 50% do préstamo concedido polo Estado e que se aprazaba dez anos o pagamento da débeda cos expropiados de Fadesa. “Agora decatámonos que a nova postura do PP de Miño e o seu alcalde é a de anular a devolución acordada e aceptar os 12,5 millóns de euros e fialo todo a que o Tribunal Supremo lles dea a razón no novo recurso que o propio PP recoñece que ten escasas posibilidades de saír adiante

"Non nos parece serio o novo cambio de postura do goberno sobre a débeda de Fadesa"

Miño, 14 de maio de 2016. O BNG-Asembleas abertas de Miño criticou que o goberno municipal de Miño cambie outra vez máis de postura sobre o pago da débeda de Fadesa. Hai un mes dixeran en rolda de prensa que se renunciaba e, polo tanto, se devolvería o 50% do préstamo concedido polo Estado e que se aprazaba dez anos o pagamento da débeda cos expropiados de Fadesa. “Agora decatámonos que a nova postura do PP de Miño e o seu alcalde é a de anular a devolución acordada e aceptar os 12,5 millóns de euros e fialo todo a que o Tribunal Supremo lles dea a razón no novo recurso que o propio PP recoñece que ten escasas posibilidades de saír adiante” lamentan as nacionalistas.

 

“O propio Ricardo Sánchez Oroza recoñece que volverán perder e todas as veciñas e veciños teremos que facer fronte a esta débeda ilexítima e a os seus intereses que aumentan cada día que pasa”

 

Olalla Barro, responsábel do BNG Asembleas Abertas de Miño, subliñou que “unha vez máis o goberno municipal volve a cambiar de postura, e van xa non sei cantas, para o final adoptar a postura de sempre: apostalo todo a un novo recurso xudicial”. A voceira nacionalista cuestiona que se opte por esta vía “cando o propio Ricardo Sánchez Oroza recoñece que volverán perder e todas as veciñas e veciños teremos que facer fronte a esta débeda ilexítima e a os seus intereses que aumentan cada día que pasa”. “Polo menos esperamos que os expropiados poidan cobrar finalmente o diñeiro que se lles debe xa que eles son as principais vítimas xunto co resto dos veciños desta estafa” sostén.

A ORA pode derivar visitantes da praia a outros areais da contorna

Olalla Barro tamén declarou que respecto o cobro da ORA na praia grande, “a postura do BNG Asembleas Abertas sempre foi declararse en contra deste tipo de taxa que nos parece inxusta, por ser un imposto indirecto onde paga igual todo mundo independentemente da situación económica de cada quen”.

Advirten que a ORA na praia Grande pode supoñer que visitantes da contorna vaian cara outros areais sen este imposto e cuestionan o dispendio nas casetas de Alacante.

E respecto á compra de seis casetas en Alacante para reciclar como chiringuitos nas praias do concello, a nacionalista abundou que "se isto é todo o que se lle ocorre o PP e o seu alcalde para mellorar a imaxe e dar a coñecer o concello, parécenos lamentábel e entendemos que son cartos totalmente tirados nun concello onde, por exemplo, non existe ningun tipo de alternativa para a inmensa bolsa de pisos en alugueiro". Ademais advirte que o cambio na recadación e a propia implantación da ORA nos aparcadoiros da praia poden ser contraproducentes para o municipio se "as persoas que se acerquen acaban buscando alternativas en concellos e praias onde non exista este imposto e se poida aparcar de balde".

"Non nos parece serio o novo cambio de postura do goberno sobre a débeda de Fadesa"