O BNG calificou de “paus de cego, improvisación e mentiras” a actuación do alcalde en Fadesa

O BNG-Asembleas abertas calificou de “paus de cego, improvisación e mentiras” a actuación do alcalde Ricardo Sánchez e o resto do goberno do Partido Popular. As nacionalistas consideran "calquera cousa menos serio pedir un préstamo e ao mes considerar que non se precisa".

O BNG calificou de “paus de cego, improvisación e mentiras” a actuación do alcalde en Fadesa

Miño, 14 de abril de 2016. O BNG-Asembleas abertas calificou de “paus de cego, improvisación e mentiras” a actuación do alcalde Ricardo Sánchez e o resto do goberno do Partido Popular. As nacionalistas consideran "calquera cousa menos serio pedir un préstamo e ao mes considerar que non se precisa". Advirten que esa manobra provoca o dobre de xuros e pregúntanse se  “vai pagar do seu peto Ricardo Sánchez e o resto do goberno do PP a duplicidade de intereses -aos expropiados e á entidade bancaria- que xeraron os 12 millóns de euros que ao final non van empregar?”

“A actuación do goberno de Ricardo Sánchez e o Partido Popular resúmese en opacidade, mentiras e estafa á veciñanza; todo para facer pública a débeda privada dunha construtora”, criticou Olalla Barro, portavoz do BNG-Asembleas abertas.

“Todas estas decisións contraditorias entre si estanse tomando completamente de costas aos veciños e veciñas. Non hai ningún tipo de información directa á veciñanza, que non comprendemos o que está pasando nin en base a que se toman estas decisións de cambios de criterio nin que consecuencias que vai ter para o futuro de Miño”, indicou Barro. “Pensamos que o mínimo será informar á veciñanza, facer público o plan que se propón e os informes na páxina web e reunións informativas para escoitar tamén á veciñanza” sostén a voceira nacionalista.

“Vai pagar do seu peto Ricardo Sánchez e o resto do goberno do PP a duplicidade de intereses -aos expropiados e á entidade bancaria- que xeraron os 12 millóns de euros que ao final non van empregar?”

“Insistimos en que esta situación ten responsabeis, persoas que tomaron e seguen tomando as decisións que estan levando ao concello a esta situación e terían que responder co seu patrimonio”, concluíu a voceira nacionalista.

“É evidente que é un problema moi complexo que se complica máis cada vez que se toman decisións en prexuizo de todas nos e só pensando en resultados electorais e en seguir no goberno. O mínimo é pedir que os responsabeis paguen eles polas súas decisión e non facer que as veciñas carguen cunhas responsabilidades que non teñen", conclúe.

O BNG calificou de “paus de cego, improvisación e mentiras” a actuación do alcalde en Fadesa