O deputado Xosé Luís Rivas “Mini” visita as instalacións das Granxas Lousada en Irixoa

unnamed
Imaxe da visita do deputado Mini Rivas a Granxas de Lousada

“Apoiar os sectores produtivos galegos é a mellor maneira de fixar poboación no rural. Iniciativas como a de Granxas de Lousada demostran a riqueza e o futuro que pode ter o agro galego”.

O deputado Xosé Luís Rivas “Mini” visita as instalacións das Granxas Lousada en Irixoa

Irixoa, 16 de febreiro. O deputado do BNG pola provincia da Coruña, Xosé Luis Rivas “Mini”, acompañado da concelleira do BNG en Irixoa, Rosa Sánchez, visitaron na tarde de onte as instalacións das Granxas de Lousada, a sociedade situada no concello de Irixoa.

O motivo da visita, tal como declarou a concelleira do BNG, era dobre: “por unha parte, queríamos que o noso representante no Parlamento coñecese de primeira man o bo traballo que está a desenvolver Granxas de Lousada, e en segundo lugar, apoiarmos coa súa presencia os sectores produtivos da nosa comarca”, declarou Rosa Sánchez.

A visita de Mini, como recalcou a portavoz do BNG en Irixoa, chega apenas un mes despois do encontro celebrado en Montesalgueiro (Aranga), entre o deputado Rivas e representantes dos sectores produtivos da comarca deixa claro, en palabras da responsábel local do BNG en Irixoa, “a determinación do BNG de poñer en valor o rural como fonte de riqueza, mediante exemplos como o das Granxas Lousada”.

“Desde o BNG apoiamos os sectores produtivos galegos porque entendemos que a creación de emprego de calidade no campo é a mellor maneira de fixar poboación no rural”, declarou Rivas que  pouco despois de terminar a visita á explotación agraria e de conversar cos seus responsábeis, engadía: “Iniciativas como Granxas de Lousada demostran, ao noso entender, a riqueza e o futuro que pode ter o noso agro”.

O deputado Xosé Luís Rivas “Mini” visita as instalacións das Granxas Lousada en Irixoa