Presentamos iniciativas no Concello e no Parlamento para apoiar as alegacións veciñais diante do proxecto do cruce de Queirís

ejecutar-rotonda-1

“Reclamamos a inclusión do tramo entre os cruces da Espenuca e de Queirís no plan de mellora.  É necesario renovar o pavimento e a sinalización, deixando beiravías máis anchas e isletas centrais que permitan a entrada e saída para os núcleos de Os Chas,  Colantres e Queirís, garantindo tamén o acceso doado desde e cara á Aula da Natureza de Chelo ou o veciño concello de Paderne”

Presentamos iniciativas no Concello e no Parlamento para apoiar as alegacións veciñais diante do proxecto do cruce de Queirís

Coirós, 4 de xullo de 2019. Despois de moitos anos de loita, mobilizacións veciñais e iniciativas do BNG diante dos organismos competentes, ven de ser publicado no BOE do 29 de maio un proxecto para mellorar a seguridade viaria no cruce de Queirís. Este documento está en prazo de consulta e alegacións.

“As mobilizacións deron os seus froitos” manifesta a voceira nacionalista Pura Ferreño. “Este proxecto parécenos positivo pois consideramos que a transformación do mencionado cruce nunha glorieta reducirá a velocidade de circulación dos vehículos motorizados e deste xeito o risco de accidentes perigosos. Aínda así, consideramos que queda moi escaso pois as obras previstas son claramente insuficientes” engade a concelleira.

Nas asembleas que se mantiveron con veciñas e veciños, resaltouse o feito de que no tramo desde o cruce de Queirís até o cruce da Espenuca non se contempla ningún tipo de mellora. “Nesta zona o estado do pavimento e a sinalización horizontal é lamentábel. As beiravías son moi estreitas e están mal delimitadas” manifestaron moitas das persoas asistentes.

Tamén engadiron que a visibilidade nos puntos de conexión cós núcleos de Os Chas, Colantes, e Queirís é moi mala. Fíxose referencia ao feito de que é habitual que os vehículos non respecten os límites de velocidade có conseguinte perigo para outros vehículos mais tamén para as persoas que circulan pola vía a pe ou en bicicleta.

Diante de todas estas deficiencias foron moitas as veciñas e veciños que se xuntaron para presentar unha serie de alegacións relativas aos puntos mencionados e que pretenden mellorar o proxecto orixinal. O BNG recolleu estas demandas para presentar unha moción no concello de Coirós e tamén unha proposición no Parlamento Galego.

“Reclamamos a inclusión do tramo entre os cruces da Espenuca e de Queirís no plan de mellora.  É necesario renovar o pavimento e a sinalización, deixando beiravías máis anchas e isletas centrais que permitan a entrada e saída para os núcleos de Os Chas,  Colantres e Queirís, garantindo tamén o acceso doado desde e cara á Aula da Natureza de Chelo ou o veciño concello de Paderne” manifestou a concelleira Pura Ferreño

O parlamentario Luis Bará engadiu que “A cercanía do local social da Escola de Queirís á estrada N-VI debe terse en conta para dotar o lugar dunha protección adecuada así como habilitar un paso de peóns con semáforo que garanta a seguridade das persoas que por alí se moven cada día. Así mesmo cómpre habilitar espazos para os buses ordinarios e os de visitas a Chelo e mellorar a iluminación prevista para a futura rotonda”

Presentamos iniciativas no Concello e no Parlamento para apoiar as alegacións veciñais diante do proxecto do cruce de Queirís