A resposta do Ministerio de Fomento á pregunta de Nestor Rego, recolle a realización de melloras para facer máis seguro o acceso a diversos núcleos de Coirós

Queirís
Queirís
A resposta do Ministerio de Fomento á pregunta de Nestor Rego, recolle a realización de melloras para facer máis seguro o acceso a diversos núcleos de Coirós

Coirós, 29 de Outubro de 2020. A voceira do BNG en Coirós, Pura Ferreño, valora de xeito desigual  as melloras realizadas por Fomento na estrada N-VI mais pon de relevancia que o que se conseguiu foi grazas ás mobilizacións e protestas veciñais coas que o BNG traballou en todo momento desde hai case 20 anos

A resposta do Ministerio de Fomento á pregunta do deputado nas Cortes Nestor Rego, recolle a realización dunha serie de melloras para facer máis seguro o acceso a diversos núcleos de Coirós.

“Valoramos de xeito positivo o que se rectificou desde o primeiro pintado da estrada, mais botamos en falta que se fixeran beiravías máis anchas para a circulación de persoas e bicicletas, nomeadamente no tramo de Queirís-Colantres-Os Chas” comeza dicindo a voceira nacionalista Pura Ferreño.

Indica tamén a concelleira que “todas estas modificacións foron feitas grazas á presión exercida coas mobilizacións e reclamacións das veciñas e veciños que sempre estiveron apoiadas polo BNG sendo levadas ao Pleno e tamén ao Congreso dos deputados da man do deputado Nestor Rego”

Aínda con eso, desde o BNG manifestan o seu descontento ante a falta de orzamentos cara a 2021 para a execución do proxecto dunha rotonda no cruce de Queirís. “Non é lóxico que, existindo un proxecto bastante máis acaído ás necesidades do lugar, se limitaron a realizar labores de mantemento sen ter en conta as obras que o proxecto recollía. Á rotonda prevista tíñanse engadido moitas emendas das veciñas e veciños nas que se demandaban melloras para a circulación das persoas como: un paso de peóns regulado por semáforo, mellor iluminación, protección diante da Escola de Queirís  ou unha zona de estacionamento para autobuses” explica con detalle a concelleira Pura Ferreño.

A resposta do Ministerio de Fomento á pregunta de Nestor Rego, recolle a realización de melloras para facer máis seguro o acceso a diversos núcleos de Coirós