Reclamamos melloras na seguridade viaria na zona de Brea en Guísamo

david 2
David Carro é o portavoz do BNG en Bergondo

O BNG reclamou melloras na seguridade viaria na zona de Brea en Guísamo.A instalación dalgún paso sobreelevado, bandas rugosas, ou sinalización vertical que limite a velocidade poderían ser medidas que axudasen a mellorar a situación e non suporían un elevado gasto para as arcas municipais.

Reclamamos melloras na seguridade viaria na zona de Brea en Guísamo

Bergondo, 9 de novembro de 2017. O BNG reclamou melloras na seguridade viaria na zona de Brea en Guísamo. “Na zona da Brea, en Guísamo, veciños e veciñas téñense posto en contacto con nos para trasladarnos a problemática da seguridade viaria onde se sitúan infraestruturas socias, culturais e deportivas como o centro de saúde, polideportivo ou o local social. Hai vehículos que circulan con frecuencia a gran velocidade obviando que é unha zona de gran transito de persoas debido aos numerosos servizos que alí se concentran”, explicou o portavoz do BNG de Bergondo, David Carro.

“Por iso pensamos que é importante tomar algunha medida que poida incrementar a seguridade dos peóns que a cotío usan os mencionados servizos”, engadiu o portavoz nacionalista.

“A instalación dalgún paso sobreelevado, bandas rugosas, ou sinalización vertical que limite a velocidade poderían ser medidas que axudasen a mellorar a situación e non suporían un elevado gasto para as arcas municipais”, concluíu Carro. 

Reclamamos melloras na seguridade viaria na zona de Brea en Guísamo