O Pleno aprobou por unanimidade unha proposta do BNG para crear prazas de aparcamento en Guísamo

aparcamento guisamo 2

O BNG propuxo na súa iniciativa chegar a acordos coas persoas propietarias de dúas parcelas baleiras situadas nesta zona para acondicionalas minimamente e que poidan servir como estacionamento público

O Pleno aprobou por unanimidade unha proposta do BNG para crear prazas de aparcamento en Guísamo

Bergondo, 28 de novembro de 2020. O Pleno aprobou por unanimidade unha proposta do BNG para a creación de prazas de aparcamento público en Guísamo, "Guísamo é a principal zona comercial do concello, despois do polígono. Nos últimos tempos proliferan a apertura de negocios no entorno da N-VI aos que hai que axudar na medida do posible dende as administracións, con medidas como esta para facilitar o aparcamento a veciñanza e clientes doutras zonas" indicou o voceiro nacionalista David Carro. 

O BNG propuxo na súa iniciativa chegar a acordos coas persoas propietarias de dúas parcelas baleiras situadas nesta zona para acondicionalas minimamente e que poidan servir como estacionamento público. Segundo os cálculos da formación nacionalista poderíanse crear preto dun cento de novas prazas. 

Reactivación da atención primaria presencial 

O Pleno de Bergondo aprobou tamén, có único voto en contra do PP, a moción do BNG para esixir á Xunta que realice de inmediato todas as accións precisas para activar a atención presencial en Atención Primaria. “Diante da pandemia a Xunta tomou a decisión de reducir drasticamente a asistencia presencial, o peche de consultorios, algúns centros de saúde e PACs, restrinxir consultas, probas diagnósticas e intervencións cirúrxicas nos hospitais”, explicou o portavoz do BNG, David Carro. “A decisión que tomou o Sergas foi que a atención se centraran preferentemente na consulta telefónica, isto está ocasionando moitas dificultadas tanto aos profesionais para poder prestar a asistencia sanitaria como no acceso da poboación á mesma”. 

O Pleno aprobou por unanimidade unha proposta do BNG para crear prazas de aparcamento en Guísamo