O BNG reclamou ao goberno local que contrate persoal para manter aberta a biblioteca pública

David Carro é o portavoz do BNG de Bergondo

O BNG reclamou ao goberno local que contrate persoal para manter aberta a biblioteca pública. Desde o BNG-Asembleas abertas pensamos que isto causa un prexuízo a veciñanza usuaria desta biblioteca que “desvían para estudar á aula de informática da casa da cultura e para devolver libros ao edificio A Senra”. “

O BNG reclamou ao goberno local que contrate persoal para manter aberta a biblioteca pública

Bergondo, 2 de decembro de 2015. O BNG reclamou ao goberno local que contrate persoal para manter aberta a biblioteca pública. “Na porta da biblioteca colgaron un cartaz anunciando que vai permanecer pechada a partir do día 10 de decembro, e unha explicación a través dos medios de comunicación na que nin sequera se concreta se o peche vai ser permanente ou a duración estimada non nos parece que sexa a maneira de ter informada a veciñanza”, explicou o portavoz do BNG-Asembleas abertas, David Carro, “no cartaz non aclaran cando volverá a abrir e simplemente vai estar pechada até novo aviso”.

“A veciñanza que mantén este servizo público cos seus impostos ten dereito a un servizo de calidade e non en precario como o que presta actualmente o Concello”

Desde o BNG-Asembleas abertas pensamos que isto causa un prexuízo a veciñanza usuaria desta biblioteca que “desvían para estudar á aula de informática da casa da cultura e para devolver libros ao edificio A Senra”. “Esta situación xa se produciu o ano pasado tamén no Nadal e, desde o BNG-Asembleas abertas entendemos que a veciñanza que mantén este servizo público cos seus impostos ten dereito a un servizo de calidade e non en precario como o que presta actualmente o Concello”, indicou Carro.

“No Nadal coas vacacións escolares é un dos momentos xunto co verán que máis usuarios podería ter esta biblioteca e parécenos que o goberno local demostra un desinterese absoluto cando pecha sen tan sequera ter unha previsión de cando volverá a abrir”, criticou o voceiro nacionalista.

Desde o BNG-Asembleas abertas reclamaron ao goberno local que informe aos veciños e veciñas sobre as causas deste peche, a previsión que teñen sobre o tempo que vai permanecer pechada e porqué non contratan o persoal necesario para dar un servizo de calidade. “Sabemos que hai unha limitación para a contratación de persoal desde as administracións públicas imposto polas medidas de recorte do gasto do goberno de Rajoy, mais entendemos que non afectaría a supostos como este de substitución de persoal xa contratado”, engadiu o nacionalista. “En calquera caso a veciñanza merece información moito máis concreta que un cartaz no que nin sequera se aclara cando volverá a abrir”, concluíu.

O BNG reclamou ao goberno local que contrate persoal para manter aberta a biblioteca pública