O BNG pedirá no Pleno un espazo nas praias para levar ás mascotas no verán e Semana Santa

David Carro é o portavoz do BNG de Bergondo
David Carro é o portavoz do BNG de Bergondo

O BNG presentara no próximo pleno unha moción para habilitar algunha praia do municipio, ou acoutar algún espazo nelas, onde veciñanza e visitantes poidan acudir coas súas mascotas nun horario prefixado e cumprindo unha serie de normas durante todo o ano

O BNG pedirá no Pleno un espazo nas praias para levar ás mascotas no verán e Semana Santa

Bergondo, a 11 de maio de 2021. O BNG presentara no próximo pleno unha moción para habilitar algunha praia do municipio, ou acoutar algún espazo nelas, onde veciñanza e visitantes poidan acudir coas súas mascotas nun horario prefixado e cumprindo unha serie de normas durante todo o ano. 

"Cada vez ten maior demanda os paseos pola praia con mascotas, que se teñen convertido nun máis da familia, ata o punto que hai webs que indican a onde se poden levar. Até o de agora a normativa prohíbeo en Semana Santa e no verán, aínda que está permitido o resto do ano", indicou o portavoz nacionalista David Carro. "Cunha pequena modificación da ordenanza correspondente sería factible, e podería contentar a todas as partes" expuxo Carro.

Control das colonias felinas

Por outra banda, o BNG tamén proporá acollerse as axudas da Xunta para o control das colonias felinas. "Temos constancia de varias colonias en Lubre, Ouces ou Cortiñán, que se non se controlan poden causar problemas de insalubridade e molestias a veciñanza, ademais dunha desatención desta especie”, explicou o portavoz do BNG

“Propoñemos que o noso concello se acolla as axudas da Xunta para este cometido e que firma un convenio con algunha entidade animalista para o control destas colonias co método C.E.S." concluíu o nacionalista.

O BNG pedirá no Pleno un espazo nas praias para levar ás mascotas no verán e Semana Santa