Apoiamos as mobilizacións por unha pasarela sobre a N-VI en Guísamo

guisamo
Estrada N VI en Guísamo á altura do CFEA e do antigo edificio do LIGAL

O BNG manifestou o seu apoio ás convocatorias de mobilización organizadas pola comunidade educativa do Centro de Formación de Estudos Agrarios de Bergondo, que demandan a instalación dunha pasarela sobre a estrada N-VI, que permita o uso sen risco das dúas paradas de autobús que transitan por esa infraestrutura viaria.

Apoiamos as mobilizacións por unha pasarela sobre a N-VI en Guísamo

Bergondo, 3 de abril. O BNG manifestou o seu apoio ás convocatorias de mobilización organizadas pola comunidade educativa do Centro de Formación de Estudos Agrarios de Bergondo, que demandan a instalación dunha pasarela sobre a estrada N-VI, que permita o uso sen risco das dúas paradas de autobús que transitan por esa infraestrutura viaria.

As concentracións de protesta están convocadas para os mércores de abril no punto kilométrico 581 da Nacional VI, ao seu paso pola escola agraria, entre as 11 e as 12 horas.

Desde o BNG, manifestan o seu “total apoio ás xustas demandas de seguridade viaria”,  declara a responsábel comarcal Cristina López, “dado que o CFEA é un centro ao que acoden persoas de toda a comarca e non conta sequera cun paso seguro para a parada do transporte público”.

O grupo nacionalista critica a falta de resposta dos gobernos estatal e autonómico ante a demanda de maior seguridade viaria na N-VI e pide concrecións, actuacións urxentes por parte das institucións responsábeis,  “e máis neste punto kilométrico, onde coincide un cambio de rasante, coa conseguinte mala visibilidade, varios carrís e incorporacións e en fin, unha velocidade máxima permitida talvez excesiva”, asevera a portavoz nacionalista.

As nacionalistas fan fincapé en que a situación de seguridade viaria na N-VI na comarca “é grave” e piden que se tomen medidas urxentes “antes que teñamos que lamentar unha desgraza”, declara Cristina López. Ademais de ser un problema para a comunidade educativa do CFEA estas paradas de autobús tamén son utilizadas polas persoas que traballan no polígono de Bergondo “trátase dunha zona onde o transporte público en dirección a Coruña ou Betanzos son moi utilizadas e o Estado, que ten competencia sobre esta estrada ten que garantir a súa seguridade”.

O BNG, en definitiva, chama á mobilización da veciñanza e recorda a importancia de estar presente na concentración de mañá, na que “o BNG unirá a nosa voz á de quen reclama seguridade nunha infraestrutura fundamental para a nosa comarca”, declarou a responsábel nacionalista. 

Apoiamos as mobilizacións por unha pasarela sobre a N-VI en Guísamo