BNG leva ao Congreso a Seguranza Viaria no Concello de Coirós
Néstor Rego rexistra iniciativas para renovar o pavimento e a sinalización no cruce de Queirís para mellorar a seguridade no paso da NVI polo municipio coruñés
Néstor Rego rexistra iniciativas para renovar o pavimento e a sinalización no cruce de Queirís para mellorar a seguridade no paso da NVI polo municipio coruñés
O BNG de Coirós reclama que se teñan en conta as demandas veciñais para mellorar os acceos aos núcleos de Queirís, Colantres e Os Chas á vez que solicitou información detallada das obras de pintado previstas para a N-VI ao seu paso polo Concello
As recentes obras de mantemento na estrada N_VI no termo municipal de Coirós teñen xerado moita desconformidade na veciñanza da zona de Os Chas, Colantres e Queirís. “O pintado actual impide manobras de acceso e saída de núcleos que antes si podían realizarse” indica a nacionalista Pura Ferreño.
As mocións do BNG apoiando as alegacións veciñais ao proxecto de mellora da seguridade viaria no cruce de Queirís e reclamando a limpeza das beiras das estradas estatais ao seu paso por Coirós foron aprobadas coa abstención do Partido Popular
“Reclamamos a inclusión do tramo entre os cruces da Espenuca e de Queirís no plan de mellora. É necesario renovar o pavimento e a sinalización, deixando beiravías máis anchas e isletas centrais que permitan a entrada e saída para os núcleos de Os Chas, Colantres e Queirís, garantindo tamén o acceso doado desde e cara á Aula da Natureza de Chelo ou o veciño concello de Paderne”
A concelleira Pura Ferreño e o deputado Luís Bará participaron nunha asemblea informativa para estudar o proxecto de Fomento para o cruce de Queirís e articular as alegacións necesarias para que realmente mellore a seguridade na zona.
A charla será o xoves 20 de xuño e nela intervirá ademais da portavoz do BNG de Coirós, Pura Ferreño, o deputado no Parlamento, Luís Bará
“Trasladamos a Pleno a iniciativa para pedir ao Estado un carril de deceleración na entrada ao Mende, mais o PP votou en contra impedindo que se aprobara porque non tiñan coñecemento de que houbera problemas nese cruce”
O Grupo Municipal do BNG en Coirós ven de presentar unha moción para que o goberno municipal transmita ao Ministerio de Fomento a necesidade de habilitar un carril de deceleración no lugar de Queirís, sentido Coirós. Isto facilitaría deixar a N-VI dirección O Mende sen risco de ter un accidente cos vehículos que circulan detrás.