Pasatempo
Novas
Mercedes Queixas

O BNG botou en falta investimentos fundamentais para a comarca das Mariñas na proposta de orzamentos da Xunta para o 2021

“Faltan investimentos fundamentais para a comarca das Mariñas como o relativo á posta en valor do patrimonio de Betanzos, que debera ser o motor económico da comarca, despois das múltiples promesas do presidente da Xunta, vemos que no orzamento non hai un euro para o Pasatempo nin para o Casco Histórico de Betanzos”

“Non hai orzamento para o novo centro de saúde de Abegondo, longamente prometido, nin tampouco para residencia ou xeriátrico público na comarca que carece totalmente destes servizos. Parece que seguimos sen reforzar os servizos públicos nin no referente á sanidade ni nos servizos sociais”

Ler novas
Novas
Imaxe da visita de Mini Rivas ao Pasatempo

O BNG urxe a recuperar o Parque do Pasatempo e situalo de maneira destacada dentro do patrimonio cultural de Betanzos

O candidato do BNG, Xosé Luís Rivas mostra o seu compromiso para elaborar un estudo da actual situación do Parque betanceiro  e iniciar a súa recuperación por fases. Avoga por  trasladar a vía de tráfico que divide  o parque en dúas partes  e liberalo da pasarela de ferro que dana gravemente  unha das principais grutas. 

Ler novas
Novas

Lamentamos que os orzamentos da Xunta adíen un ano máis a solución ao grave problema de contaminación que padece a ría de Betanzos

"Non hai fondos para os centros de día de Betanzos ou de Miño, malia o recente acordo parlamentario para abrilo xa. Tampouco para a mellora dos centros de atención primaria na comarca, nin para mellorar o servizo de pediatría". As nacionalistas censuran que as contas do PP deixen novamente sen cartos a rehabilitación do parque do Pasatempo

Ler novas