Mercedes Queixas
Novas

O BNG priorizará o inicio da lexislatura no Parlamento a sanidade, o ensino, os servizos sociais e o saneamento e depuración na Ría de Betanzos

Mercedes Queixas: “Non imos defraudar ás persoas que apostaron polo BNG e imos traballar desde o primeiro día para mellorar as vidas das veciñas e veciños das Mariñas”

Na axenda do BNG tamén están outros temas como a posta en valor do noso patrimonio como o Parque do Pasatempo ou o Casco Histórico de Betanzos, os problemas dos sectores produtivos da comarca ou a necesidade de melloras no saneamento e de estudar a ampliación do polígono industrial de Bergondo

Ler novas
Abegondo

O BNG acusa ao goberno do PP de practicar unha “política opaca e sen planificación ” ao servizo da industria eólica cun modelo depredador que non respecta o medio

Mercedes Queixas subliñou o temor da veciñanza de Abegondo ante a instalación dunha subestación eléctrica prevista na parroquia de Folgoso, proxecto do que non foron informados os  colectivos, institucións e persoas directamente afectadas.

Pediu a Industria que escoite as alegacións e non desprotexa o territorio e a veciñanza con vivendas a 500 metros da subestación eléctrica

Ler novas
Novas

O BNG das Mariñas marcou as prioridades para o novo curso político nunha reunión coa deputada Mercedes Queixas

O principal foco de atención para os vindeiros meses para o grupo nacionalista está en dar traslado ao Parlamento dos graves problemas ambientais da nosa comarca, como  a imprescindíbel aposta por mellorar calidade da auga dos ríos e da Ría de Betanzos

Cristina López: “Despois das eleccións municipais do pasado mes de maio o BNG ten na nosa comarca moita máis forza, temos o dobre de concelleiros e concelleiras nos 9 concellos da comarca, e recuperamos a representación nos Plenos de Miño e Abegondo”

Ler novas
Miño

O BNG recrimina a educación que suprima 1 aula e dous docentes no CPI Castro Baixo-Miño despois de prometer en eleccións a construción dun novo IES e converter o CPI en CEIP

Mercedes Queixas advertiu da chegada de  novas matriculas ao longo do curso que superarán a ratio máxima e preguntou se a intención de educación será redirixir ao novo alumnado  a outros centros para iniciar o peche definitivo do CPI de Miño

Acusou a Román Rodríguez de utilizar ao concello como “papeleta electoral” e “sacrificar a excelencia do CPI Castro- Baxoi de Miño”

Ler novas