Solicitamos ao goberno local de Bergondo un maior compromiso do concello có deporte de base

David Carro é o portavoz do BNG de Bergondo
David Carro é o portavoz do BNG de Bergondo

Os nacionalistas pediron que “se habilite unha liña de axudas para as entidades deportivas locais e que “se dispoñan instalacións deportivas axeitadas as necesidades dos clubs e equipos da localidade”

Solicitamos ao goberno local de Bergondo un maior compromiso do concello có deporte de base

Bergondo, 13 de xullo de 2019. O BNG solicitou ao goberno local de Bergondo un maior compromiso do concello có deporte de base. “O Concello debe fomentar  hábitos de vida saudábeis e para isto sería positivo fomentar a práctica do deporte en colaboración con agrupacións locais ou comarcais, que sen dúbida redundarían no benestar dos nosos veciños e veciñas e axudaría como promoción do noso concello”, explicou o portavoz do BNG, David Carro.

Os nacionalistas pediron que “se habilite unha liña de axudas para as entidades deportivas locais e que “se dispoñan instalacións deportivas axeitadas as necesidades dos clubs e equipos da localidade”, explicou o portavoz do BNG, David Carro.

Outra das propostas dos nacionalistas é que “o concello organice o día do deporte na rúa, para dar a coñecer diferentes disciplinas deportivas nun ambiente familiar, buscando a colaboración dos clubs locais e comarcais”, explicaron. Tamén sería positivo crear escolas deportivas municipais en aqueles deportes máis demandados pola veciñanza”, engadiu.

“Vemos como outros concellos mesmo con menos poboación que o noso xa levan un tempo levando a cabo estas iniciativas ademais cun considerable éxito de participación, xa que por fortuna o deporte esta cada vez máis en auxe, sobre todo dun público familiar, e máxime agora que comezamos a tempada de mellor climatoloxía”, concluíu o portavoz do BNG. 

Solicitamos ao goberno local de Bergondo un maior compromiso do concello có deporte de base