Propuxemos un viveiro de empresas e centro de transformación agropecuaria nas instalacións do antigo LIGAL

892c89c2-bd78-435d-9ed1-7066d5b7dc1e (1)

“Para optimizar recursos públicos, parécenos importante tirar man daquilo co que xa contamos, por iso propoñemos que sexa o antigo edificio do LIGAL, en desuso dende hai tempo, o que se converta neste viveiro de empresas”

Propuxemos un viveiro de empresas e centro de transformación agropecuaria nas instalacións do antigo LIGAL

Bergondo, 17 de xaneiro de 2020. O BNG de Bergondo presentara unha iniciativa no próximo Pleno para crear un viveiro de empresas que permita que novas iniciativas agromen e poidan saír adiante con axuda das administracións públicas. Ademais, a proposta inclúe habilitar no mesmo recinto un centro de transformación agropecuaria de carácter comarcal para pequenos produtores, que lles axude a comercializar a súa produción, xa que por si sos non poderían asumir o coste. 

“O fomento do emprego é unha das nosas principais preocupacións. Un viveiro de empresas é unha importante axuda onde por en marcha e desenvolver novos proxectos. Somos conscientes das dificultades coas que se atopan a xente que quere abrir un pequeno negocio, por iso ter un espazo onde comezar pagando so unha pequena cota de mantemento contribuiría en gran medida a iniciar a andaina” expuxo o portavoz nacionalista David Carro.

“Para optimizar recursos públicos, parécenos importante tirar man daquilo co que xa contamos, por iso propoñemos que sexa o antigo edificio do LIGAL, en desuso dende hai tempo, o que se converta neste viveiro de empresas”, engadiu o portavoz do BNG. “A Xunta teno abandonado dende hai anos, especulouse coa súa cesión ao Consorcio das Mariñas pero non chegou a concretarse e mentres o edificio foi saqueado e esta nunha situación ruinosa, algo que nos parece lamentábel” indicou Carro. 

“A súa estupenda ubicación e boas comunicacións a carón do Polígono Industrial, da N-VI e da autoestrada permitiría un mellor desenvolvemento destas novas iniciativas”, engadiu David Carro. A proposta xa foi presentada como emenda aos orzamentos da Xunta en varias ocasións sen que esta a tivese en conta, por iso, agora solicitamos o apoio a mesma a toda a Corporación para facer forza e conseguir un novo servizo para Bergondo. 

Propuxemos un viveiro de empresas e centro de transformación agropecuaria nas instalacións do antigo LIGAL