Propuxemos que se estude a suspensión das taxas das actividades municipais

BNG-ABEGONDO;.12-maio-2019;

“Achegamos ao goberno local esta mañá as nosas propostas para que se supriman as taxas das actividades municipais, entre outras as escolas deportivas, o tempo que dure o confinamento na liña que veñen facendo outros concellos como Betanzos ou Sada”

Propuxemos que se estude a suspensión das taxas das actividades municipais

Abegondo, 4 de abril de 2020. O BNG de Abegondo propuxo ao goberno local que se estude o aprazamento de taxas municipais e a suspensión das taxas das actividades municipais, mentres dure o estado de alarma provocado pola crise do coronavirus. “Achegamos ao goberno local esta mañá as nosas propostas para que se supriman as taxas das actividades municipais, entre outras as escolas deportivas, o tempo que dure o confinamento na liña que veñen facendo outros concellos como Betanzos ou Sada”, explicaron desde o BNG.

“Pedimos tamén que cando empecen de novo estas actividades que se teña en conta a nova situación económica das familias para recalcular as cotas e que todos os rapaces poidan acceder ao servizo”, explicaron desde o BNG.

“Tamén pensamos que é importante facer o posíbel para manter os postos de traballo dos e das monitoras destas actividades, e nesta liña propuxemos que se valore facer escolas de verán para que estes traballadores non perdan poder adquisitivo”, engadiron desde o BNG.

Desde o BNG aproveitaron para trasladar o apoio ao goberno local e agradecer o esforzo de facernos chegar a información sobre a crise do coronavirus e o bando publicado. “Cremos que a veciñanza demanda de nós altura de miras para facer fronte a esta crise e ás súas consecuencias, e con ese ánimo trasladamos estas propostas que nos gustaría que foran tidas en conta”, engaden.

Por último, as nacionalistas trasladaron todo o seu apoio  o apoio, recoñecemento e orgullo ás persoas que están en primeira liña plantando cara ao virus, mesmo poñendo en risco a súa seguridade, para que a maioría da poboación poda estar atendida e coas necesidades básicas cubertas. Igualmente, toda a solidariedade e cariño coas familias que perderon algún ser querido, ou que viven situacións persoais de contaxio, para todos e todas unha aperta solidaria.

Propuxemos que se estude a suspensión das taxas das actividades municipais