Preguntamos sobre a contaminación no regato que subministra auga á Aula da Natureza de Chelo

As nacionalistas veñen de solicitar copia das analíticas de auga do regato do Caldeirón desde o cal se abastece ao centro así como da auga recollida dentro das instalacións

Preguntamos sobre a contaminación no regato que subministra auga á Aula da Natureza de Chelo

Coirós, 8 de outubro 2018. Nas últimas semanas foron moitas as persoas que achegaron ao BNG información sobre a insalubridade da auga do “regato do Caldeirón”, canle no cal se fai o abastecemento da Aula da Natureza de Chelo. A este regato verte a EDAR de Coirós que está no lugar de fonte do santo indo cara a Espenuca, que según as queixas da veciñanza, sería a culpábel desta contaminación.

Estamos a falar dun Centro de promoción e divulgación do noso Medio Natural polo que pasan moitos grupos de persoas, maiormente escolares. A cuestión da contaminación da auga é un problema de saúde pública de primeira magnitude mais tamén unha mostra da nula atención que o goberno municipal presta a estas instalacións e á súa contorna.

É por isto que as concelleiras nacionalistas Pura Ferreño e Sonia López veñen de rexistrar unha solicitude para facerse con copias das analíticas da auga tanto no regato do Caldeirón coma dentro das instalacións. Unha vez comprobado cal é o problema en detalle demandaranse as medidas oportunas para poñerlle remedio de xeito inmediato.

O BNG pedirá resultados das analíticas da depuradora en Augas de Galiza

O grupo nacionalista adiantou tamén que solicitará os resultados das últimas analíticas das que se realizan periodicamente da EDAR de Coirós para saber cal é o estado real das augas que verte esta depuradora. 

Preguntamos sobre a contaminación no regato que subministra auga á Aula da Natureza de Chelo