Imprimir

Pedimos unha nova escola infantil en Bergondo ante o problema de saturación da actual escola infantil de Guísamo

bngasmarinhas | 29 de Septembro de 2018

David Carro é o portavoz do BNG de Bergondo
David Carro é o portavoz do BNG de Bergondo

“Os nenos e nenas que acoden a escola infantil de Guísamo unha vez pasan á unitaria, a partir dos 3 anos, perden o dereito ao servizo de comedor, por falta de espazo”

Bergondo, 27 de setembro de 2018. O BNG de Bergondo pide unha nova escola infantil que resolva o problema de saturación da actual escola infantil de Guísamo, “na que ano tras ano quedan crianzas fora por falta de prazas”.

“Un ano máis, o curso escolar comeza sen ningún avance en materia de educación no municipio "o Goberno Local gabase de ter levado a cabo obras de mantemento no verán, pensamos que son obras necesarias mais as problemáticas como a saturación da escola infantil municipal de Guísamo seguen sen resolverse", explicou o portavoz nacionalista David Carro. 

"Os nenos e nenas que acoden a escola infantil de Guísamo unha vez pasan á unitaria, a partir dos 3 anos, perden o dereito ao servizo de comedor, por falta de espazo. Parécenos indignante que a alcaldesa afirme coñecendo esta problemática que non é precisa unha nova escola infantil", indicou Carro. 

Dende o BNG consideramos a educación un piar básico da nosa sociedade, polo que reclamamos un esforzo nesta materia para dar aos nosos nenos e nenas un servizo de calidade, xa que eles son o futuro. “Levamos anos con esta problemática sen que se tomen medidas, é urxente que Concello e Xunta se poñan de acordo para construír unha nova gardería que palíe a falta de prazas e libere espazos para dar un mellor servizo" indicaron. 

Dende o BNG de Bergondo propuxeron que a mesma se sitúe nas inmediacións do polígono industrial. "Son moitas as persoas que veñen a traballar ao noso municipio e buscan praza aquí para escolarizar os seus pequenos, polo que nos parece o mellor lugar para dotar de novas infraestruturas e revalorizar o polígono, motor económico do municipio" explicou Carro.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/bergondo/pediu-nova-escola-infantil-bergondo-problema-saturacion-da-actual-escola-infantil-guisamo/20180929094611002190.html


© 2018 Bloque Nacionalista Galego das Mariñas

Bloque Nacionalista Galego 

Travesía da Torre, 2, 1º

(15300) Betanzos

Correo electrónico: marinhas@bng.gal

Teléfono : 981776466