Pediremos no Pleno melloras na seguridade viaria en Insua

manel
Manel Pérez é o portavoz do BNG en Paderne

Pedimos ao goberno que reclame do goberno do estado, titular da estrada N-651, que pinte un paso de peóns en Insua e que substitúa o cruce entre a estrada que ven do Pedrido e a que vai para Betanzos por unha rotonda

O BNG celebra o xoves 2 de marzo a partir das 20:30 h. un encontro aberto en Casa Vidal en Souto co deputado no Parlamento Xosé Luís Rivas “Mini” co título ‘Rural galego: vivir ou resistir?’

Pediremos no Pleno melloras na seguridade viaria en Insua

Paderne, 27 de febreiro de 2017. O BNG presentou unha moción que se debaterá no Pleno ordinario vindeiro xoves día 2 para instar ao goberno a mellorar a seguridade viaria en Insua. “Pedimos ao concello que reclame do goberno do estado, titular da estrada N-651, que pinte un paso de peóns en Insua e que substitúa o cruce entre a estrada que ven do Pedrido e a que vai para Betanzos por unha rotonda”, explicou o portavoz do BNG, Manel Pérez.

“Concretamente no lugar de Insua, ao rematar o carril de aceleración no sentido Ferrol-Betanzos, e unha zona moi perigosa con vivendas e negocios aos dous lados da estrada e sen ningún paso de peóns por onde se poida cruzar a estrada de forma segura por iso pedimos un paso de peóns que mellore a seguridade nesta estrada”, engadiu o voceiro nacionalista.

“Outro punto de grande concentración de accidentes e o cruce nesta mesma estrada que vai cara a ponte do Pedrido e para Betanzos. No BNG pensamos que sería positivo substituír este cruce por unha rotonda como forma de reducir o risco de accidente”, indicou.

O BNG celebrará un encontro aberto con Xosé Luís Rivas “Mini”

O BNG celebra o mesmo xoves 2 de marzo a partir das 20:30 h. un encontro aberto en Casa Vidal en Souto co deputado no Parlamento Xosé Luís Rivas “Mini”. Co título ‘Rural galego: vivir ou resistir?’ o Parlamentario falará sobre as problemáticas asociadas á vida no medio rural (produción agro-gandeira, servizos públicos, despoboamento...) e das propostas do BNG. 

Pediremos no Pleno melloras na seguridade viaria en Insua